Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

As socialistas de Tomiño presentaron no Pleno unha moción sobre a peonalización da Avda. Ordóñez en Goián

dado o grande rechazo que esta actuación está provocando nos e nas comerciantes en particular e da veciñanza en xeral

dado o grande rechazo que esta actuación está provocando nos e nas comerciantes en particular e da veciñanza en xeral

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Enero de 2021

Fuente: Socialistas de Tomiño

As socialistas de Tomiño presentaron no Pleno unha moción sobre a peonalización da Avda. Ordóñez en Goián, dado o grande rechazo que esta actuación está provocando nos e nas comerciantes en particular e da veciñanza en xeral.
As propostas da moción foron
1°- Instar ao equipo do goberno a abrir unha canle de diálogo e escoita cos comerciantes.
2°- Planificar e xestionar a coexistencia na accesibilidade tanto peonil como con vehículo na Avda. Ordóñez dun xeito racional e tendo en conta o día a día da localidade e das persoas que nela viven e traballan.
Violeta de Santiago e Mirta Misa defenderon, entre outras,  a posibilidade de que a zona se limite a 20 dando prioridade a circulación a pé permitindo a convivencia cos vehículos con limitacións e sen obstáculos de mobiliario urbano. Outra posibilidade que os propios comerciantes expoñen é a peonalización en determinados horarios e/ ou nas fins de semana. Tamén manifestan o seu temor a que á actual crise epidemiolóxica se sume outra económica e social, ao mesmo tempo que mostran o seu malestar polo comenzo das obras   en plena campaña de Nadal para días despois quedar paralizadas.
O debate non foi posible dende o momento que o voceiro do BNG ao inicio da súa intervención manifestou a inamovible decisión de  que non modificarán o proxecto .
De nada serviu que a voceira apelara ó consenso, a que escoiten e atendan a xente e que interioricen que os pobos non pertencen aos gobernantes de turno. Pertencen ás veciñas e veciños e ao tecido comercial que é a garantía de prosperidade. Por último Violeta de Santiago lembroulle ó goberno nacionalista que esa rúa é patrimonio inmaterial da vila ó ser o antigo "Camiño da barca" o cal debería ser tido en conta, pois forma parte da identidade de Goián.
Por outra banda varios comerciantes  do concello pediron ao grupo socialista que trasladara o seu profundo malestar ao goberno pola mala organización da campaña de Nadal e concurso de escaparates.  Denuncian a falta de información que provocou que moitos comerciantes non poideran adherirse(foi unha campaña anunciada con moi pouca antelación ), a mala planificación pois moitos xa tiñan os seus escaparates diseñados ou decorados, o incumprimento das propias bases ao permitir a participación a establecementos que non poderían segundo as bases publicadas e non permitindo a outros con iguais características a súa participación. Ven sendo recurrente a desigualdade provocada polo esquecemento,o aillamento e o maltrato ás parroquias que son unha vez máis as grandes esquecidas nesta campaña. Con respecto á decoración alternativa de nadal instalada nas prazas do Seixo e da Mina
as socialistas alertan de que eses elementos foron utilizados nos xogos dos nenos e nenas  sin ningunha medida de seguridade,nin control nin desinfección o que contrasta co peche absoluto dos parques e pistas deportivas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí