Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

As Socialistas de Tomiño rexistran unha moción no Concello esixindo á Xunta de Galicia que vacine do COVID ós maiores nos Centros de Saúde

A administración das vacinas dentro das campañas establecidas polas autoridades sanitarias, é un servizo obrigado da Conselleria de Sanidade e o lugar mais axeitado para facilitalo é o Centro de Saúde da localidade a través dos equipos de Atención Prima

A administración das vacinas dentro das campañas establecidas polas autoridades sanitarias, é un servizo obrigado da Conselleria de Sanidade e o lugar mais axeitado para facilitalo é o Centro de Saúde da localidade a través dos equipos de Atención Prima

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Octubre de 2022

Fuente: Socialistas de Tomiño

A administración das vacinas dentro das campañas establecidas polas autoridades sanitarias, é  un servizo obrigado da Conselleria de Sanidade e o lugar mais axeitado  para facilitalo é o Centro de Saúde da localidade a través dos equipos de Atención Primaria.  Por cercanía e polo contacto permanente para seguimento de patoloxías crónicas.

As socialistas critican que a  Xunta de Galicia está a provocar con esta medida de vacinar aos nosos maiores de Tomiño no hospital Álvaro Cunqueiro, un trastorno innecesario ademais de implantar, na práctica, un copago para poder recibir a vacina, pois están obrigados a pagar o custe do longo desprazamento e aparcadoiro do hospital, co que a gratuidade da prestación deixa de ser tal. E por si fora pouco, están a rexistrarse longas colas de usuarios e usuarias tanto nos aparcadoiros como no propio hospital, que están a supoñer unha dificultade engadida  ás pacientes así como a familiares e/ou acompañantes

Violeta de Santiago, voceira do grupo municipal socialista, califica esta medida como un novo castigo da Xunta de Galicia á cidadanía, porque afasta dos veciños e veciñas de Tomiño dun servizo básico, dificultándolles gravemente o acceso a unha prestación á que teñen dereito de maneira gratuita, e recalca que  " non se pode xogar coa Saúde dos nosos veciños e veciñas dende a improvisación e a frivolidade"

Por todo isto o grupo municipal do PSdeG de Tomiño ven de solicitar ó Pleno do Concello, instar á Xunta de Galicia a que modifique o modelo e todas as persoas maiores sexan vacinadas no seu Centro de Saúde ou PAC de referencia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí