Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

As Socialistas de Tomiño valoran a sesión plenaria do pasado xoves

O pasado xoves, no Concello de Tomiño, celebrouse sesión plenaria ordinaria, un pleno que non correspondía no tempo, pero que o Goberno Municipal convocou, supoñemos que o motivo foi a urxencia, para o propio Goberno, que tiñan algúns dos puntos a tratar.

O pasado xoves, no Concello de Tomiño, celebrouse sesión plenaria ordinaria, un pleno que non correspondía no tempo, pero que o Goberno Municipal convocou, supoñemos que o motivo foi a urxencia, para o propio Goberno, que tiñan algúns dos puntos a tratar.

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Septiembre de 2023

Fuente: Socialistas de Tomiño

O pasado xoves, no Concello de Tomiño, celebrouse sesión plenaria ordinaria, un pleno que non correspondía no tempo, pero que o Goberno Municipal convocou, supoñemos que o motivo foi a urxencia, para o propio Goberno, que tiñan algúns dos puntos a tratar.

As socialistas votamos a favor das propostas de Alcaldía para aprobar unha auditoría da empresa Aqualia, responsable do abastecemento de auga municipal así como da aprobación inicial da ordenanza fiscal das taxas de abastecemento e saneamento, pois entendemos que é beneficioso para a veciñanza.

O Goberno nacionalista presentou de novo unha modificación de créditos. A número 10 no que vai de ano. As socialistas afeáronlle ese afán por ser os primeiros na contorna en aprobar o orzamento xeral , cando ese orzamento, ano tras ano, é absolutamente insuficiente mesmo para garantir o gasto corrente das diferentes partidas, o que, na opinión do grupo municipal socialista é un claro exemplo de mala xestión.

Outro dos puntos da orde do día foi a aprobación definitiva da Conta Xeral 2022. As concelleiras socialistas, Mirta Misa e Violeta de Santiago votaron en contra ao igual que o fixeron na Comisión de Contas e na aprobación inicial .

" Non podemos votar a favor dunha conta Xeral cando se presentan innumerables reparos de intervención, a maioría deles por incumprimento da Lei de contratos públicos. De maneira sistemática e reiterada, licitando e adxudicando obras e servizos sen ser sometidas a concurso público como establece a propia Lei.

Cando se cometen ilegalidades como esta, a sabendas que se están a cometer, ten un nome, chámase presunta prevaricación!!!

E nos non imos amparar a comisión dun presunto delito"

 

A voceira do PSG-PSOE Tomiño, Violeta de Santiago.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí