Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

As Socialistas de Tomiño votan en contra da aprobación inicial do orzamento

O grupo municipal socialista votou en contra destes orzamentos por ser un ano máis, a continuación dos anteriores pese a ser os de maior cuantía na historia de Tomiño.

O grupo municipal socialista votou en contra destes orzamentos por ser un ano máis, a continuación dos anteriores pese a ser os de maior cuantía na historia de Tomiño.

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Diciembre de 2023

Fuente: Socialistas de Tomiño

O pasado martes o Concello de Tomiño celebrou sesión plenaria ordinaria, onde se debateron e votaron inicialmente o orzamento xeral para o vindeiro ano 2024.

O grupo municipal socialista votou en contra destes orzamentos por ser un ano máis, a continuación dos anteriores pese a ser os de maior cuantía na historia de Tomiño.

Máis de 9 millóns de euros, e unha vez máis o investimento real apenas supera a cifra de 500.000€, mentres para as retribucións dos órganos de goberno, é decir, para os salarios dos políticos e políticas a partida é de 416.000€

O saneamento conta cunha partida asignada de tan só  60.000€, o que nos parece incomprensible, pois o saneamento segue a ser unha das maiores preocupacións e demandas da veciñanza do noso Concello.

A mesma cantidade é a que asignan para melloras nós camiños das parroquias. 15 parroquias e moitos Kms de camiños tan só disporán de 60.000€ en todo o ano para a súa mellora, o que para as socialistas é unha burla aos veciños e veciñas que viven no rural.

Para o servizo imprescindible de Servizos Sociais, se descontamos os 400.000€ para o SAF e deducimos a inflación prevista, resulta que non é nin de lonxe a grande aposta que está a vender este goberno municipal, cando precisamente a inflación é a que está a poñer en graves dificultades a moitas familias que precisan axuda da administración local.

Baixa inexplicablemente a partida para fomento do emprego, a de cultura segue conxelada e para  comercio local, pese a preguntar cánto se vai destinar dos 163.000€ da partida de turismo, comercio e pequenas empresas, non fomos quen de que se nós respostara.

Polo tanto e en consecuencia, as socialistas votaron en contra destes orzamentos por ser máis do mesmo, e cren que os nacionalistas seguirán gobernando a golpe de modificacións de créditos ao longo do 2024.

As socialistas presentaron unha moción de urxencia ante a gravísima situación da Sanidade no Concello de Tomiño onde instamos ao goberno municipal a solicitar sen descanso o fin desta caótica situación así como a realizar unha potente campaña de información e asesoramento para qué a veciñanza faga reclamacións por escrito á Consellería de Sanidade. Que a Consellería inclúa a Tomiño no Convenio de Concellos de difícil cobertura e que se reabra o consultorio médico de Goián xa.

A moción foi aprobada malia a abstención do Partido Popular que non está dacordo en que dende a administración local se insista e se presione á Xunta para que remate este caos, e tampouco quere que a xente presente reclamacións, pois negáronse a votar estes dous puntos da moción. Eles serán os que teñan que dar as explicacións  pertinentes ás veciñas e veciños de Tomiño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí