Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

As voces de Cantares do Brueiro chegan este domingo á Igrexa Parroquial da Guarda

Da man de Tino Baz, Cantares do Brueiro presenta este domingo ás 18:00h un concerto único con pezas inéditas.

Da man de Tino Baz, Cantares do Brueiro presenta este domingo ás 18:00h un concerto único con pezas inéditas.

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Abril de 2023

Fuente: Concello da Guarda

Na mañá deste luns día 17 de abril de 2023 tivo lugar na Casa dos Alonso a presentación do Concerto “Si cantan es ti que cantas…” que ofrecerá Cantares do Brueiro o vindeiro domingo día 23 de abril ás 18:00h na Igrexa Parroquial da Guarda.

No acto de presentación estiveron presentes o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes e Tino Baz, Director de Cantares do Bueiro, quen comentou que esta idea xa nacera no ano 2019, pero a pandemia motivou o seu aprazamento, polo que desta, vai a ser un concerto moi agardado e especial, tanto polos compoñentes do grupo coma polos asistentes, que poderán gozar dun concerto elaborado con moito agarimo e paixón.

Neste concerto Cantares do Bueiro se centra na música tradicional popular galega, mesturada con pezas propias e clásicas galegas de autores e autoras moi coñecidas por todos e todas, seguindo a liña marcada dende os seus inicios alá polo ano 2014.

A idea nace para a dignificación da canción popular galega e o canto coral, nunha vila coma A Guarda, onde sempre houbo moita tradición de canto, pero desta volta cun coidado moi especial, aportado polas preto de 30 voces que compoñen o grupo.

Os asistentes gozarán dun repertorio no que haberá pezas inéditas, clásicas… co trato especial que sempre lle aporta Cantares do Brueiro á música galega.

Para Montserrat Magallanes, "esta será unha nova oportunidade de voltar a ver en directo a estre gran grupo de músicos que compoñen Cantares do Brueiro, nun concerto que sen dúbida será moi especial para todos e todas".

Antonio Lomba valorou o traballo realizado por Tino Baz ao longo dos anos "para manter a tradición da música popular galega viva na nosa vila", convidando a toda a cidadanía a que asistan este domingo ao concerto na Igrexa Parroquial da Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí