Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

ASEMBLEA ABERTA DE NÓS-CANDIDATURA GALEGA EN TUI

NÓS nace despois dun longo proceso social para a construción dunha candidatura galega de unidade que tivese Galiza como único suxeito de referencia e un grupo parlamentario propio como obxectivo.

NÓS nace despois dun longo proceso social para a construción dunha candidatura galega de unidade que tivese Galiza como único suxeito de referencia e un grupo parlamentario propio como obxectivo.

Fecha: 01 de Diciembre de 2015

Fuente: BNG - Baixo Miño

NÓS nace despois dun longo proceso social para a construción dunha candidatura galega de unidade que tivese Galiza como único suxeito de referencia e un grupo parlamentario propio como obxectivo. Máis nada e, á vez, tanto. Para NÓS eran premisas irrenunciábeis, de lei, se a fin é que Galiza estea presente onde se toman decisións que tanto nos afectan. No camiño, con xenerosidade, fóron dándose pasos para o encontro. Mais na outra cara están todas aquelas persoas e organizacións (BNG, Coalición Galega, FOG, Partido Galeguista, PCPG) que decidiron sumar forzas en NÓS, que creron que o país merecía altura de miras e volveron estreitar as mans, a se encontrar no mesmo camiño, a sementar de novo ilusión porque, ben o sabemos, é moito o que está en xogo.

Nós-Candidatura Galega é a candidatura do País. A garantía de que Galiza vai ter voz propia, a forza que ecoa de forma colectiva un futuro de seu. NÓS somos eu, ti, ela, el... Calquera que se sume a un proxecto común que nace con vontade de medrar, co desexo de enlazar os brazos nunha cadea humana inmensa, en que as cuestións sociais e nacionais pasen a primeiro termo, no desexo dunha sociedade máis xusta e igualitaria. Nesa cadea, reservámosche un espazo para que partilles con Nós o entusiasmo que se sente cando sabes que camiñas á par de quen ten o teu mesmo destino. Construíndo unha rede solidaria, man a man, persoa a persoa.

Con todo isto, convocamos unha Assemblea Aberta este martes 1 de decembro ás 20:30 no Centro Cultural de Guillarei, onde calqueira persoa de xeito voluntario vai poder participar e facerse voluntari@ no proceso de cara ás eleccións xerais.

É a hora do pobo, é hora de que unamos forzas para que a nosa Terra poida ter unha voz propia e potente no Congreso dos Deputados.Por iso animamos a toda a veciñanza de Tui a que se unan a Nós neste proceso.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí