Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Así é o MUMI 2021 na Eurocidade Tui-Valença: dezasete showcases, dous concertos especiais e faladoiros profesionais

O Encontro Profesional Músicas no Minho celébrase do 9 ao 11 de setembro en diferentes localizacións de Tui e Valença e con boa parte do programa aberto ao público

O Encontro Profesional Músicas no Minho celébrase do 9 ao 11 de setembro en diferentes localizacións de Tui e Valença e con boa parte do programa aberto ao público

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Septiembre de 2021

Fuente: MUMI

Bota andar o MUMI 2021 o xoves 9 de setembro na Eurocidade Tui-Valença cun programa cargado de música ao vivo, no que os encontros entre empresas e profesionais de Galicia e Portugal queren tender novas pontes entre o sector da música.  Até o 11 de setembro, dezasete showcases de bandas e artistas portugueses e galegos, a estrea absoluta da Orquestra de Liberación Galego-Portuguesa na apertura do evento, faladoiros e encontros profesionais, e o concerto especial de peche que reúne no escenario aos Galandum Galundaina e a Uxía, dan corpo ao MUMI Encontro Profesional das Músicas no Minho. Tres días de programación, boa parte dela aberta ao público, que queren contribuír á recuperación musical no contexto da pandemia. Debido ás previsións metereolóxicas, a organización do encontro decidiu trasladar os concertos programados en espazos abertos o xoves 9 a recintos resgardados.  Patrocinado pola Eurocidade Tui-Valença e polos concellos de Tui e Valença, tamén apoian o MUMI 2021 a Direção Regional de Cultura do Norte e a Xunta de Galicia así como a Fundação GDA, Fundación SGAE, Mel: Piquenique das artes!, Deputación de Pontevedra, Bodegas Martín Códax, Gadis e Bodegas Corisca.

 

A programación do MUMI 2021 arranca o xoves 9 pola mañá na Zona PRO, instalada na Escola Superior de Ciências Empresariais de Valença, onde tamén se celebrará un acto de benvida (13:45 GZ/ 12:45 PT). Os showcases programados de bandas e artistas de Galicia e Portugal serán a columna vertebral do MUMI 2021 e boa parte deles ábrense á asistencia do público xeral. Familia Caamagno, Magín Blanco e A banda das apertas, Oîma, O Sonoro Maxín, Pálida, Pulpiño Viascón, Silvia Penide e Xacobe Martínez Antelo Quinteto conforman a relación dos showcases galegos. No caso de Portugal, as bandas seleccionadas son nove: Barry White Gone Wrong, Cassete Pirata, Conjunto!Evite, emmy Curl, Jorge da Rocha, José Valente, Káustika, TAKATUM apresenta Ah!Ah!Ah! e The Guit Kune Do. A previsión de chuvia levou á organización do MUMI a suprimir os escenarios previstos no Paseo da Corredoira en Tui e na Fonte da Vila en Valença, e a trasladar os showcases na rúa en Tui durante a xornada do xoves 9 ao Teatro Municipal.

 

A actividade na Zona PRO, na Escola Superior de Ciências Empresariais de Valença, bota a andar o xoves 9 de setembro con dous faladoiros: “Dereitos de autoría e dereitos das artistas” (12:45 GZ, 11:45 PT) e “O asociacionismo na xestión cultural” (16:00 GZ, 15:00 PT). Así mesmo o venres 10 están previstos tres faladoiros: “Festivais: creando experiencias arredor da música” (11:00 GZ, 10:00 PT), “Diferentes fórmulas de apoio á cultura” (12:45 GZ, 11:45 PT)) e “As salas de concertos, un referente no sector” (16:00 GZ, 15:00 PT). Durante as mañás do 9 e 10 de setembro as persoas asistentes terán oportunidade de participar en speed meetings que servirán para poñer en contacto a profesionais e empresas que operan en Galicia e Portugal.

Concertos especiais de apertura e peche

 

A Orquestra Galego-Portuguesa de Liberación estréase no MUMI 2021 o xoves 9 de setembro (Teatro Municipal de Tui, 21.30 GZ / 20.30 PT) no espectáculo especial de apertura. Formúlase como unha extensión natural da Orquestra Galega de Liberación, baixo a dirección de Xacobe Martínez Antelo, e estréase no MUMI. A relación entre as familias improvisadoras portuguesas e galegas nunca foi tan intensa e prolífica como nestes últimos anos, e será no MUMI onde aconteza un dos encontros máis sorprendentes entre estas dúas grandes familias. Coa improvisación como nexo de unión e a vangarda como habitat natural, dezaseis dos mellores músicos galegos e portugueses reúnense botando man do jazz, da música contemporánea, da creación espontánea e da performance.

 

O MUMI 2021 contará para a súa clausura cun concerto dobre protagonizado por dúas das propostas musicais de maior renome a ambas beiras do Miño: a banda portuguesa Galandum Galundaina e a artista galega Uxía. Será o sábado 11 nas Cortinas de São Francisco (Valença, 22:00 GZ/ 21:00 PT). A asociación cultural Elogio Vádio, asóciase ao MUMI facendo unhaa extension do festival Mel - piquenique das artes (Vila Nova de Famalicão), apoiando o concerto de clausura. .Considerado como un dos proxectos musicais máis relevantes no contexto folk de Portugal durante os últimos vinte e cinco anos,  Galandum Galundaina construíu un espazo no que o pasado e o futuro da música arraiana van da man. A formación, considerada a embaixadora da música das Terras de Miranda, desenvolve un traballo de investigación ao redor dos instrumentos tradicionais -extraordinario no caso da gaita de fol mirandesa pero tamén en aparellos sonoros de construción propia- así como de promoción cultural, coa organización de eventos como o Festival itinerante de cultura tradicional “L Burro i l Gueiteiro. Pola súa parte, Uxía é unha das maiores embaixadoras da música e a poesía galegas. Nos seus máis de 35 anos de carreira artística renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, combinando alalás con morna, fado ou ritmos brasileiros. Algúns dos temas máis recorrentes que explora nos seus traballos son a busca dun espazo para a voz da muller, o diálogo entre culturas, a poesía contemporánea galega e portuguesa e a defensa da identidade lingüística.

 

Todos os showcases e concertos abertos ao público teñen entrada libre por orde de chegada con recollida de datos das persoas asistentes.

 

Máis experiencias MUMI 2021

A animación nas rúas será unha parte importante do MUMI, que incorpora ao seu programa aberto a discoteca móbil vintage “La Duendeneta: os camiños das músicas galegas”, que aparcará na Corredoira en Tui o sábado 11 (19:00 GZ, 18:00 PT). O xornalista musical Carlos Crespo, cunha experiencia de máis de 20 anos na difusión da cultura desde diversos medios de comunicación, trae a súa furgoneta Avia de 1974 ao MUMI para ofrecer un percorrido atemporal e sen complexos polos últimos 50 anos da música en galego, desde Andrés do Barro até Tanxugueiras. Ademais, a Zona PRO do MUMI 2021 acollerá desde o xoves 9 a exposición “cantáMOLA en galego (2000-2020)”, unha mostra itinerante que amosa a variedade de estilos, formacións e solistas que compoñen o panorama musical en galego a día de hoxe. “cantáMOLA en galego (2000-2020)” é unha exposición cedida polo Concello de Pontevedra e que está promovida pola súa Concellaría de Normalización Lingüística. Dous destacados xornalistas musicais, Pepe Cunha e Teresa Cuiñas comisarian os contidos desta exposición.

PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES E CONCERTOS MUMI 2021 POR DATA E HORA

Acceso profesional con inscrición previa en mumimusicas.eu na Zona PRO e no Espazo Off. Resto de programación, aberta ao público, gratuíta, orde de chegada e recollida de datos das persoas asistentes.

 

QUINTA-FEIRA 9 SETEMBRO

VALENÇA

10.30 PT/11:30GZ. EXPOSICIÓN DE MÚSICA EN GALEGO DO S. XXI: "cantáMOLA en galego"

 Zona PRO (Valença)

11:45 PT/12.45 GZ: FALADOIRO Dereitos de autoría e dereitos das artistas. Zona PRO

11:00 PT/12:00 GZ. SHOWCASE José Valente, Auditório Zona PRO

12:45 PT/13:45 GZ.  Acto de benvida. Zona PRO

14:00 PT/ 15.00 GZ. SHOWCASE The Guit Kune Do. Auditório Zona PRO

15:00 PT/16:00 GZ FALADOIRO O asociacionismo na xestión cultural. Zona PRO

16:30 PT/ 17:30 GZ.. SHOWCASE. Oîma. Zona PRO (Valença)

TUI

  • 19:30 GZ / 18:30 PT. SHOWCASE Cassete Pirata. Teatro Municipal de Tui

20:15 GZ /19:15PT, SHOWCASE O Sonoro Maxín. Teatro Municipal de tui

  • 30 GZ / 20.30PT. Orquestra Galego-Portuguesa da Liberación, Concerto de Apertura. Teatro Municipal de Tui
  • 23:30 GZ/22:30 PT. Pálida. Espazo Off (Tui)

SEXTA-FEIRA 10 SETEMBRO

VALENÇA

10:00 PT/11:00 GZ: FALADOIRO Festivais: creando experiencias arredor da música. Zona PRO

11:00 PT/12:00 GZ  SHOWCASE. Xacobe Martínez Antelo Quinteto. Auditório Zona PRO

11:45 PT/12:45 GZ: FALADOIRO Diferentes fórmulas de apoio á cultura. Zona PRO

  • 15:00 PT/ 16:00 GZ: FALADOIRO As salas de concertos, un referente no sector. Zona PRO

16:30 PT/ 17:30 GZ. SHOWCASE Jorge da Rocha. Zona PRO Valença)

TUI

19:30 GZ /18:30 PT SHOWCASE Silvia Penide. Praza de San Fernando (Tui)

  • 20:15 GZ / 19:15 PTSHOWCASE. Barry White Gone Wrong. Teatro Municipal de Tui

 

  • 21:00 GZ/20:00 PT SHOWCASE Conjunto! Evite. Praza de San Fernando (Tui)

21:45 GZ/ 20:45 PT, Familia Caamagno. Teatro Municipal de Tui

23:00 GZ/22:00 PT emmy Curl. Espazo Off (Tui)

 

SÁBADO 11 DE SETEMBRO

12:00 GZ/11:00 PT. SHOWCASE. TAKATUM presenta Ah!Ah!Ah! Praza de San Fernando (Tui)

12.45 GZ/11:45 PT. SHOWCASE MAGÍN BLANCO E A BANDA DAS APERTAS. Praza de San Fernando (Tui)

15:00 PT/ 16:00 GZ.SHOWCASE KÁUSTIKA. Fortaleça (Valença)

  • 15h45 PT / 16:45 GZ.. SHOWCASE. Pulpiño Viascón. Fortaleça (Valença)

19:00 GZ/ 18:00PT.  La Duendeneta: Os Camiños das Músicas Galegas. Paseo da Corredoira (Tui)

  • 21:00 PT/ 22:00 GZ. Galandum Galundaina + Uxía. Concerto de clausura, Cortinas de São Francisco (Valença)
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí