Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Avanza a tramitación para converter o Cárcere Vello nun centro de acollida de visitantes e peregrinos

O Consello da Xunta aprobou onte o convenio entra a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Tui

O Consello da Xunta aprobou onte o convenio entra a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Tui

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Tui

Avanza a tramitación do proxecto para converter o Cárcere Vello de Tui, situado en pleno Camiño de Santiago no conxunto histórico, nun centro de acollida de visitantes e peregrinos que contribuirá á dinamización desta zona da cidade.

O Consello da Xunta aprobou o acordo polo que se autoriza a sinatura do acordo de cooperación entre a Axencia Turismo de Galicia e o concello de Tui para a posta á disposición dos terreos e execución da rehabilitación do cárcere vello no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destaca que, tras esta aprobación, agora comezará o trámite de elaboración do proxecto e a execución do mesmo que suporá un investimento de 484.000 euros.

Lembra o rexedor que a redacción da memoria para converter o Cárcere Vello nun centro de interpretación levouse a cabo en 2019. Reflexionaba, nese senso, sobre o longo e complexo da tramitación dun proxecto que se prolonga ao longo da varios exercicios.  

Esta actuación contempla a transformación do cárcere vello en centro de interpretación e acollida de visitantes e peregrinos pero tamén terá outros usos complementarios relacionados coa dinamización do conxunto histórico de Tui.

O edificio do Cárcere Vello data de 1.584 e acolleu as antigas Escolas Taller. Nas instalacións previstas hai unha consigna, zona recreativa con espazos verdes, fonte, bancos, aparcadoiro de bicicletas,… E o patio conformará unha nova praza pública. Tamén se recolle facer do centro un edificio accesible grazas á instalación de elementos de mobilidade e paneis informativos adaptados para persoas con diversidade funcional e cognitiva.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí