Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Avelaíña conmemora o Día Mundial da Saúde Mental baixo o lema -máis que nunca, saúde mental-

Baixo este lema Avelaíña quere manifestar que en tempos de COVID é mais urxente que nunca que a saúde mental sexa unha prioridade, para acabar coas carencias de atención ás persoas con problemas de saúde mental.

Baixo este lema Avelaíña quere manifestar que en tempos de COVID é mais urxente que nunca que a saúde mental sexa unha prioridade, para acabar coas carencias de atención ás persoas con problemas de saúde mental.

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Octubre de 2020

Fuente: Avelaiña

A pandemia provocada pola COVID-19 sacou á luz con maior forza que nunca, a fraxilidade da atención en saúde mental no noso sistema e a necesidade de prestarlle unha atención de urxencia. Un informe sobre políticas acerca da COVID-19 e a saúde mental, publicado polas Nacións Unidas o pasado mes de maio, revela que a pandemia puso de manifesto “A necesidade de aumentar urxentemente a inversión en servizos de saúde mental, se o mundo non quere arriscarse a que se produza un aumento drástico dos trastornos psíquicos”.

A este propósito, baixo o lema “MÁIS QUE NUNCA, SAÚDE MENTAL”, Avelaíña  levará a cabo diversas accións para chamar a atención sobre esta realidade e incidir na necesidade de dedicar mais recursos para garantir un acceso universal á atención da saúde mental:                                                                    

Onte, 9 de outubro inaugurouse a Exposición de Cadros Itinerante “Voa con Nós” na praza de abastos do Concello de As Neves. A exposición estará aberta ó público todos os martes e venres, dende o 9 de outubro ata o 9 de decembro en horario 10:00 a 13:00 h.

Campaña “Máis que nunca, Saúde Mental”, con motivo da conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental. A partir do 10 de outubro e ó longo deste ano, iremos publicando nas redes sociais de Avelaíña as distintas voces de profesionais e persoas sensibilizadas coa defensa da saúde mental das comarcas do Baixo Miño, Val Miñor, O Condado, A Paradanta e Salceda de Caselas.

Venres, 16 de outubro, publicación das bases do “I Concurso de Debuxos: Máis que nunca, Saúde Mental, nas redes sociais da asociación Avelaíña. Haberá tres premios. O debuxo gañador do primeiro premio será empregado como imaxe representativa da sede do Condado, A Paradanta e Salceda de Caselas no período 2020/2021 en cartelería e redes sociais, entre outros agasallos solidarios. Colabora: Concello de Ponteareas.

Hoxe inauguramos a exposición "Voa con Nos" na Praza de Abastos de

Concello As Neves

Video-sensibilización “Máis que nunca, Saúde Mental”. Dirixida a alumnado de 4º da ESO do Concello de Ponteareas, alumnado do 1º curso de Bacharelato de Belas Artes do Concello de Ponteareas, persoas usuarias dos Centros de Día e asociacións das Comarcas do Condado, A Paradanta e Salceda de Caselas.

 Para rematar, en decembro, celebrarase a Gala Solidaria de Nadal, coa data pendente de confirmar. Trátase dun Concerto na Sala Multiusos do Auditorio Municipal de Ponteareas, con artistas da comarca que interpretarán as súas pezas e actuacións, reivindicando a importancia do coidado da saúde mental. Prezo da entrada solidaria 5 €. A cada entrada corresponderalle un número para a participación nun sorteo de produtos solidarios do comercio local.

 

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones