Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Axenda de fin de semana chea de actividades na Guarda

Achégase o verán e A Guarda prepárase cunha fin de semana chea de actividades socioculturais pensadas para todos os públicos.

Achégase o verán e A Guarda prepárase cunha fin de semana chea de actividades socioculturais pensadas para todos os públicos.

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Junio de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Para comezar a fin de semana por todo o alto, este venres 17 de xuño ás 21h, terá lugar na Casa dos Alonsos, na Praza do Reló, o Concerto presentación do Obradoiro de Canto "Cantares do Brueiro". Esta é unha iniciativa que comezou a principios do mes de xaneiro de 2014 e na que un grupo de persoas realiza canto tradicional co obxectivo de dignificar a canción popular. Todo isto baixo a dirección do cantor e músico popular guardés Tino Baz.

Festas na honra de San Antonio
Esta fin de semana tamén se celebran as Festas de San Antonio no Porto da Guarda. Entre os festexos inclúese unha gran tirada de Fogos artificiais e Pasarrúas co Grupo de Gaitas Club da 3ª Idade da Guarda o sábado ás 12h; e pola noite verbena ó cargo das orquestras Terranova e Nievla. Xa o domingo, día 19, as festas rematarán co percorrido polas rúas da vila da Agrupación Musical da Guarda ás 10h da mañá, e tamén coa actuación desta Agrupación ás 20h.

Obradoiros para a Xuventude
A oferta de actividades complétase cunha serie de accións dirixidas aos nenos e nenas organizadas dende a Concellería de Xuventude da Guarda. O sábado día 18, a partir das 12 da mañá, haberá un Obradoiro de percusión no que participarán un grupo de 17 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 13 anos. Ademais, xa pola tarde, dende as 18 ata as 20 horas, no paseo marítimo onde se realiza a festa de San Antonio, os monitores e monitoras do curso de tempo libre que organiza o concello levarán a cabo unha xornada de xogos e obradoiros para tódolos rapaces e rapazas que se queiran achegar, xogar e divertirse un rato.

Polo tanto, esta fin de semana non hai escusa para quedar na casa. O Concello da Guarda anima a que todos os que o desexen se acheguen a desfrutar desta ampla e variada oferta de actividades nesta última fin de semana antes do comezo do verán.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí