Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Bará anuncia en Tomiño a reactivación do Banco de Terras e a recuperación de 100.000 hectáreas agrarias para potenciar o sector da planta ornamental

O cabeza de lista do Bloque, de xira pola provincia, realizou hoxe unha visita a un dos principais viveiros da comarca

O cabeza de lista do Bloque, de xira pola provincia, realizou hoxe unha visita a un dos principais viveiros da comarca

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Enero de 2024

Fuente: BNG

O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra Luís Bará confirmou hoxe en Tomiño que un goberno do BNG na Xunta de Galicia retomará o proxecto do Banco de Terras e recuperará 100.000 hectáreas agrarias no país para, entre outros, beneficiar un sector como o da planta ornamental, o motor económico da comarca do Baixo Miño.

O nacionalista puxo sobre a mesa medidas e orientacións estratéxicas. Ademais de recuperar 100.000 hectáreas abandonadas, Bará destacou a necesidade dunha nova Lei de Estruturas Agrarias, e ao mesmo tempo elaborar un novo Plan de Agricultura Ecolóxica consensuado co sector cun horizonte temporal máis amplo que actual e que impulse todo o potencial que ten esta produción.

Bará así o asegurou na visita a unha das empresas máis representativas do sector que é o motor económico da comarca, que xera o 40% dos empregos en Tomiño, e que se ten mostrado como moi dinámico e de gran crecemento nos últimos anos. “Este sector demostra a nosa potencialidade como país se cremos nas nosas posibilidades, porque se está a exportar a toda Europa, tendo importancia ata en lonxas como a de Amsterdam”, manifestou o cabeza de cartel, que recoñeceu o traballo feito dende o Concello de Tomiño no seu apoio e no fomento do asociacionismo, que permite ser máis competitivo.

A parada en Tomiño de Bará enmarcouse na xira que hoxe está a facer na provincia, cumprindo a estratexia de que esta será unha campaña ilusionante, mobilizadora e moi activa, na que se traballará voto a voto porta a porta. De feito o nacionalista organizou un percorrido de 300 quilómetros que incluíu paradas en  Lalín, A Estrada, Pontecesures, Vilagarcía, Pontevedra, Bueu, Vilaboa, Vigo, Tomiño e Mondariz Balneario, comezando ás oito da maña e pechando a axenda máis de doce horas despois.

En Mondariz Balneario, ante un nutrido grupo de militantes e persoal orgánico, Bará destacou que o BNG fará unha campaña activa con máis de 100 actos principais na provincia. Pediu a implicación de toda a xente que quere cambio para xuntar no BNG o voto e así derrotar ao PP e conseguir a “mellor Galiza”. Insistiu en que estas son as eleccións máis abertas en 14 anos e que o futuro goberno da Xunta decidirase por poucos votos, polo que chamou a concentrar no Bloque esa “corrente de cambio imparable” que se detecta na rúa.

“Ana Pontón é a candidata de todas as persoas que queren cambio, desa maioría plural e diversa”, subliñou, asegurando que “este é o momento do cambio. É o momento en Galiza porque podemos gañar ao Partido Popular se todas as persoas que queren cambio collen a papeleta do BNG, se non se perde nin un só voto”, insistiu.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí