Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Bará comprométese a integrar o Baixo Miño no transporte metropolitano de Vigo para que a veciñanza dispoña de máis frecuencias e mellores prezos

O cabeza de lista afirma que o BNG desenvolverá dende a Xunta tras o 12X un Plan de Mobilidade Sustentable consensuado cos concellos para integrar todas as formas de transporte

O cabeza de lista afirma que o BNG desenvolverá dende a Xunta tras o 12X un Plan de Mobilidade Sustentable consensuado cos concellos para integrar todas as formas de transporte

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Junio de 2020

Fuente: BNG

O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, comprometeuse hoxe a integrar a comarca do Baixo Miño no transporte metropolitano de Vigo para que a súa veciñanza se beneficie de maiores frecuencias e prezos máis baixos. O nacionalista realizou esta proposta nun acto hoxe en Tomiño xunto ao tamén candidato da comarca Xose Manuel Méndez, ás alcaldesas de Tomiño e O Rosal, Sandra González e Ánxela Fernández, o portavoz municipal de A Guarda Anxo Baz, o concelleiro en Tui Xosé Martínez Tato, e a membro do consello local de Oia Marisa Guerra. Destacou que é preciso rematar co agravio que supón o actual plan da Xunta de Galiza para a veciñanza da zona, que a diferencia da doutros concellos do Condado ou o Val Miñor, ten que pagar elevados prezos polo seu desprazamento á area de referencia sanitaria e universitaria.

Bará anunciou, así mesmo, que o BNG desenvolverá un Plan de Mobilidade Sustentable consensuado cos concellos e mancomunidades comarcais en toda Galiza que integre todas as formas de transporte tanto por estrada, ferrocarril -fundamental na comarca do Baixo Miño-, de ría, e tamén o fomento da mobilidade natural peonil e ciclista en áreas urbanas e periurbanas. Sinalou que no caso do transporte por estrada é necesario desenvolvelo en tres niveis: local-comarcal con transporte a demanda, metropolitano e interurbano para comunicar as principais vilas do país.

Na xuntanza coas alcaldías e grupos do BNG na comarca do Baixo Miño o cabeza de lista analizou a situación do Plan de Transporte da Xunta de Galiza e comprobou que hai unha discriminación evidente destes concellos no actual plan deseñado polo Partido Popular, a pesares de que nestes momentos para os concellos con dispersión de poboación e rurais como os municipios do Baixo Miño é imprescindible ter unha boa comunicación a través da rede viaria e tamén a través das redes de telecomunicacións.

Bará destacou que, no transporte metropolitano, é fundamental a conexión dos concellos miñotos con Vigo como cabeceira e tamén núcleo onde están o hospital de referencia ou a universidade. Avogou por facer un plan integral de transporte, sustentable, eficiente, e seguro integrando tamén o transporte ferroviario, porque a comarca ten moi preto as estacións da liña de Vigo-Porto, que debería ser un eixo fundamental de conexión e comunicación co exterior. "Por iso nós apostamos pola promoción e potenciación da liña Vigo-Porto coa saída sur e coa ampliación e mellora das frecuencias", afirmou.

"Non se pode explicar de ningunha maneira que o PP exclúa a esta comarca do Plan de Transporte Metropolitano da área de Vigo de maneira que unha persoa de 20 anos estudante teña que pagar 12 euros para trasladarase desde A Guarda a Vigo, mentres un mozo de A Cañiza ou de Baiona vaia gratis porque teñen un transporte gratuíto. O mesmo podemos dicir de persoas maiores que teñen que recorrer ao transporte público como única solución para chegar a Vigo, ao hospital por exemplo, co que non teñen frecuencias e e non teñen un trasnporte extremadamente caro", insistiu.

Bará destacou que é o momento de facer un cambio de raíz na Xunta de Galiza e nas súas políticas. Afirmou que o BNG de Ana Pontón ten un proxecto claro, serio e solvente para poñer en marcha e activar o país fronte "á parálise dos últimos once anos", subliñando que o 12X poderase dar un resultado histórico que permita o cambio galego se todas as persoas galeguistas e que lle queren a Galiza concentran o voto no BNG: "Quedar na casa é darlle o voto ao PP. Ninguén que estea farto deste goberno pode quedar sen votar", finalizou.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí