Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Bará: -O BNG priorizará a modernización da conexión Vigo-Porto cun tren rápido, seguro e con frecuencias que o fagan competitivo-

O cabeza de lista do BNG afirma en Guillarei (Tui) que é preciso potenciar a Eurorrexión e as relacións directas con Portugal mediante proxectos de cooperación económicos, culturais, de innovación e lingüísticos

O cabeza de lista do BNG afirma en Guillarei (Tui) que é preciso potenciar a Eurorrexión e as relacións directas con Portugal mediante proxectos de cooperación económicos, culturais, de innovación e lingüísticos

Fecha: 29 de Junio de 2020

Fuente: BNG

O goberno do BNG na Xunta de Galicia priorizará a modernización da conexión ferroviaria entre Vigo e Porto cun tren rápido, seguro e con frecuencias que o fagan competitivo. Así o manifestou o cabeza de lista do BNG, Luís Bará, dende a plataforma da estación do tren en Guillarei (Tui), onde destacou que é preciso apostar polas conexións transfronteirizas de calidade e cualificou de "fundamental" o proxecto da saída sur de Vigo.

Bará destacou -acompañado da tamén candidata Alexandra Fernández, da eurodeputada Ana Miranda, e do deputado provincial de cooperación transfronteiriza e director do AECT Rio Minho Uxío Benítez- que é preciso considerar prioritaria a relación con Portugal e usar a rexión Norte como unha plataforma para potenciar a cooperación directa de Galiza co mundo lusófono. Para iso subliñou que é necesaria a existencia dun tren do século XXI, moderno e seguro, que evite o rodeo por Redondela para ir de Vigo á fronteira de Tui, e tamén o paso do tren polo núcleo urbano do Porriño dividíndoo en dous. Tamén sinalou a importancia dun Eixo Atlántico de mercadorías que conecte a área de A Coruña coa de Lisboa.

Segundo manifestou o cabeza de cartel, a Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal é unha grande fiestra de oportunidades para Galiza, que precisa poñer fin aos once últimos anos perdidos, os dous derradeiros, puntualizou, coa presidencia de Núñez Feixóo na Comunidade de Traballo Galiza-Norte de Portugal sen unha soa iniciativa. "As únicas iniciativas foron a desidia, o desinterese e a inoperancia", salientou.

O mellor exemplo da ausencia da Xunta para potenciar a interrelación entre Galiza e o país luso, relatou o nacionalista, ocorreu hai escasas semanas, cando o goberno do PP "desapareceu do mapa" na loita pola apertura de pasos fronteirizos no Miño para traballadoras e traballadores durante o estado de alarma. Unha loita, lembrou Bará, que foi liderada polas alcaldías dos concellos transfronteirizos e polo director do AECT Uxío Benítez. "A Xunta de Galiza estivo ausente e foi cómplice das decisións absurdas e inxustas tomadas en Madrid e Lisboa cun descoñecemento absoluto da realidade deste territorio, onde hai vínculos e relacións intensas no comercial, no emocional, no social, no cultural e no lingüístico", indicou.

Bará subliñou que o BNG abrirá dende a Xunta despois do 12X un tempo novo para a Eurorrexión, co impulso dun goberno que formulará proxectos estratéxicos de cooperación no ámbito económico, cultural e lingüístico no da innovación e tamén no das infraestruturas. Segundo dixo, é precisa unha visión de longo alcance na que o Norte de Portugal ten que servir como plataforma para relanzar e impulsar a Galiza no ámbito da lusofonía aproveitando as relacións e abrindo novos camiños para relacións económicas e comerciais. É importante, dixo o candidato, desenvolver a Lei Paz Andrade de relacións coa lusofonía "que foi unha iniciativa lexislativa importante e interesante que despois de cinco anos quedou en auga de bacallau".

Uso eficaz dos fondos europeos
Pola súa banda, a eurodeputada Ana Miranda tamén destacou que hai unha necesidade urxente dun tren a Portugal que sexa moderno xa que conecta a sete millóns de persoas. Destacou que non é normal que o territorio manteña un tren do século XIX, xa que existe unha oportunidade de que os fondos europeos da rede europea de transportes poidan avalar un grande mercado e espazo de traballo. "Hai que facer un uso eficaz dos fondos europeos. O tren é unha oportunidade e os investimentos no tren teñen que priorizar á fronteira. Hai que deixar a un lado a discriminación e as fronteiras imaxinarias que nos separan", indicou.

Como exemplo tanto metafórico como real das diferentes velocidades entre os diferentes territorios, a eurodeputada destacou que entre Bruxelas e París, que son 300 quilómetros, tárdase hora e media no tren, mentres entre Vigo e Porto, que son 150, pásase das tres horas. "Non é normal", insistiu, para subliñar que se precisan investimentos e hai fondos europeos para acometer o proxecto. "Por parte de Portugal xa se dixo que si e houbo un desleixo por parte do Estado español, dunha cor e doutra, para que non chegasen os investimentos á Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal", lembrou.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones