Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Bará reclama á Xunta que apoie aos concellos do Miño e se poña á fronte da reivindicación de máis pasos na fronteira para os traballadores transfronteirizos

Subliña a necesidade dun Plan de reactivación económica da rexión Galiza-Norte de Portugal

Subliña a necesidade dun Plan de reactivación económica da rexión Galiza-Norte de Portugal

Fecha: 27 de Mayo de 2020

Fuente: BNG

"Irracional e absurda". Así cualificou hoxe o cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, a situación que están a vivir os concellos do Miño pola existencia dun único paso na fronteira con Portugal que está a crear grandes sobrecustos económicos e de tempo ás traballadoras e traballadores transfronteirizos para acudir aos seus postos.

O nacionalista, que mantivo un encontro virtual co director do AECT Rio Minho Uxñio Benítez, así como coas alcaldesas de Tomiño Sandra González, O Rosal Ánxela Fernández, e As Neves Xosé Manuel Rodríguez, destacou que para o BNG a relación entre Galiza e Portugal é "esencial". Por iso instou ao Goberno central a tomar medidas inmediatas e á Xunta de Galiza a poñerse á fronte das reivindicacións, apoiando aos concellos para que de xeito inmediato haxa unha apertura de novos pasos fronteirizos que faciliten a mobilidade e eviten que a cidadanía teña que dar rodeos de máis de 100 quilómetros para ir traballar.

Ademais, subliñou que tendo en conta a situación epidemiolóxica e sanitaria semellante a unha e outra banda do Miño, tamén é aconsellable que se vaia abrindo gradualmente e de forma coordinada entre ambos estados outro tipo de relacións dende o punto de vista económico, comercial e tamén da hostalería. Así mesmo, Bará reclamou que se traballe dun xeito participado na elaboración dun Plan de reactivación de toda a rexión Galiza-Norte de Portugal, un documento que -a xuizo do cabeza de lista- debe liderar a Xunta, xa que o presidente galego é o presidente da Comunidade de Traballo Galiza-Norte de Portugal.

Segundo afirmou Bará, a problemática derivada do peche da fronteira e a existencia dun único paso "pon de relevo o descoñecemento absoluto por parte dos gobernos de Lisboa e de Madrid da situación demográfica, económica e social da zona". Cualificou, así mesmo, a actuación tanto do goberno central como do galego de "desleixo absoluto" e desinterese por resolver os problemas que hai. "Existe unha desaparición total da Xunta de Galiza, que se desentende da problemática e deixa nas mans dos concellos facer fronte á situación", criticou.

O nacionalista lembrou que os concellos de ribeira directa co Miño supoñen unha poboación de máis de 150.000 persoas, e subliñou o treito pontevedrés de fronteira, sendo 70 quilómetros dos 1.200 de toda a raia entre España e Portugal, rexistrou o 44% de todo o tránsito entre ambos países durante o estado de alarma. Tendo en conta as cifras previas á pandemia, a cifra incluso é máis alta, xa que o paso de Tui é o que recibe máis vehículos, sendo o cuarto o de Salvaterra e o quinto o de Tomiño, sumando entre eles o 49% dos fluxos.

"Isto ten que ver coas relacións históricas e culturais e sociais que se deron nesta fronteira, que ten unha absoluta continuidade -algunhas Eurocidades pódense considerar un só concello- e un grande dinamismo económico e social, o maior de toda a Unión Europea", salientou.

Finalmente, destacou que se está a producir unha situación de agravio e discriminación, xa que noutros lugares do Estado Español como Extremadura abríronse novos pasos pola presión política e o peso político da comunidade no goberno central. "Aquí estamos a sufrir un impacto que sobre todo afectando á xente traballadora que ten que engadir elevados custos económicos e de tempo para desprazamentos de moitos quilómetros, co que significa isto para salarios que están moi axustados entre 600 e 700 euros", destacou, ao tempo que volveu criticar a inacción da Xunta de Galicia.

Os concellos da zona
Pola súa banda o director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, destacou que a agrupación transfronteiriza que dirixe leva reclamando solucións dende hai semanas. Indicou que o peche dos pasos é un "escándalo" xa dende o primeiro día, aínda que inicialmente foi comprendido pola gravidade da pandemia. "Agora a situación mudou e é preciso abrir, xa que a indignación medra día a día".

Pola súa parte, as alcaldesas do Miño fixeron fincapé na problemática que supón a existencia dun só paso para a economía das persoas traballadoras. "Estase a trasladar o custe de poñer unhas patrullas máis na fronteira ás persoas que teñen salarios precarios. Hai un ‘colo de botella' en Tui, e xente que ten que entrar ás 8 da mañá ten que se erguer ás cinco para chegar a tempo", destacou a alcaldesa de Tomiño.

A rexedora do Rosal tamén puxo o centro do debate en que a afección ás persoas traballadoras é cada día maior, xa que moitas empresas que antes estaban pechadas están reactivándose e, polo tanto, é maior o fluxo de persoas que debe cruzar a fronteira. "Cada vez custa máis ir a traballar, e hai que pensar que o virus non entende de fronteiras, senón de zonas de afección, e aquí a situación é practicamente a mesma a cada lado da raia".

Pola súa banda, o alcalde de As Neves puxo o foco nas consecuencias non só económicas senón tamén sociais que está deixando o peche de pasos. Destacou que o territorio do Miño vive a súa vida de igual maneira a ambos lados do río porque hai intereses comúns e dependencia mutua.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones