Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

BASES PARA PARTICIPAR NO CONCURSO DE ENTROIDO NO CONCELLO DO ROSAL - PRAZO ATA O MÉRCORES 2

O Concello do Rosal convoca o tradicional concurso de carrozas, comparsas e disfraces individuais que se celebrará con motivo do Entroido 2011 o domingo, 6 de marzo, ás 11 :30, na praza do Calvario.

Fecha: 28 de Febrero de 2011

Fuente: www.concellodorosal.es

ENTROIDO NO ROSAL

O Concello do Rosal convoca o tradicional concurso de carrozas, comparsas e disfraces individuais que se celebrará con motivo do Entroido 2011 o domingo, 6 de marzo, ás 11 :30, na praza do Calvario.
A inscrición dos participantes farase no Rexistro do Concello, en impreso normalizado para este fin, ata ás 13:00 h. do mércores 2 de marzo. Xunto coas solicitudes de inscrición, deberán achegar un breve comentario dos traballos que se presentan a concurso, facendo constar tamén o número de acompañantes e o nome do grupo.

MODALIDADES:

Carrozas: Considéranse carrozas un grupo de alomenos 6 persoas representando algún tema enriba dun móvil (carro, tractor, motocultor ... ) O condutor poderá ou non ir incluído, déixase a criterio dos participantes.
Comparsas: Participarán no grupo un mínimo de 10 persoas.
Grupo: Participarán un número de 3 a 9 persoas.
Individual: lnclúense nesta categoría, a parella de disfraces que pola súa condición requiran participar de forma conxunta. Nesta categoría existen as modalidades de infantil e xuvenil-adulto. O/os participante/es faerá/n constar o nome do disfrace e da persoa que se presenta ó concurso.

BASES:

CONCURSO DE CARROZAS, COMPARSAS, GRUPOS  E DISFRACES INDIVIDUAIS

ENTROIDO 2011

 

BASES

 

PRIMERA.- O Concello do Rosal convoca o tradicional concurso de carrozas, comparsas, grupos  e disfraces individuais que se celebrará con motivo do Entroido 2011 o domingo, 6 de marzo, ás 11:30 horas.

 

O desfile percorrerá a rúa Ramón Franco (desde o cruce coa Lomba) e a rúa Julio Sesto (ata a rotonda da feira)

 

SEGUNDA.- A inscrición dos participantes farase no Rexistro do Concello, en impreso normalizado para este fin, ata ás 13:00 h. do mércores día 2 de marzo.

 

Xunto coa solicitude de inscrición, deberán achegar:

-          Maiores de idade: fotocopia do DNI.

-          Menores de idade: fotocopia do DNI da persoa que os represente e autorización para participar no concurso.

-          Unha  breve descrición  do disfrace  que se presenta a concurso.

 

As persoas que non presenten solicitude no rexistro xeral tamén poderán participar no desfile pero non terán opción a premio.

 

TERCEIRA.- As modalidades que poderán participar no concurso son:

 

-          Carroza: Considéranse carrozas un grupo como mínimo de  6 persoas representando algún tema enriba dun móbil ( carro, tractor, motocultor. O condutor poderá ou non  ir incluído, déixase a criterio dos participantes).

-          Comparsa: Participarán no grupo un mínimo de 10 persoas.

-          Grupo: Participarán un número de 3 a 9 persoas

-          Individual: Fará constar o nome do disfrace e da persoa que se presenta

(inclúense nesta categoría, a parella de disfraces que pola súa condición requiran participar xuntos, e considérase incluído na categoría xuvenil-adulto, cando un deles teña máis de 12 anos).

Inclúense  nesta categoría as modalidades de:

- Infantil, ata 12 anos

- Xuvenil-adulto, a partir de 13 anos

 

 

CUARTA.- A cualificación das carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais será determinada polo Xurado do concurso, que estará formado por un Presidente (a concelleira de cultura ou a persoa en quen delegue) e cinco vogais en representación das entidades socioculturais do Concello, que serán nomeados pola Concellaría de Cultura actuando como secretario/a o de menor idade.

 

QUINTA.- Cada membro do Xurado cualificará de 1 a 10 cada carroza, comparsa, grupo e disfrace individual participante. No suposto de empate, procederase a unha segunda puntuación.

 

SEXTA.- Concederanse os seguintes premios:

 

A)    CARROZAS:

 

1º PREMIO........................................................................300 €

2º PREMIO ......................................................................225 €

3º PREMIO ......................................................................175 €          

           

B)    COMPARSAS:

 

1º PREMIO ..................................................................... 225 €

2º PREMIO ......................................................................200 €

3º PREMIO ......................................................................175 €

           

C)    GRUPOS:

 

1º PREMIO...................................................................... 175 €

2º PREMIO.......................................................................125 €

3º PREMIO.......................................................................100 €

 

 

D)    INDIVIDUAIS:

 

INFANTIL:

 

1º PREMIO ......................................................................115 €

2º PREMIO ......................................................................  80 €

3º PREMIO ......................................................................  65 €

 

XUVENIL-ADULTO:

 

1º PREMIO ......................................................................115 €

2º PREMIO ......................................................................  80 €

3º PREMIO ......................................................................  65 €

 

Os premios poderán ser declarados desertos polo Xurado do Concurso.

 

SÉTIMA.- A entrega de premios terá lugar o mesmo día de celebración do Entroido: unha vez feita a avaliación polo Xurado, o secretario fará público o resultado, mediante a lectura da acta correspondente.

 

OITAVA.- A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das presentes bases, sendo a decisión do Xurado inapelable.

 

 

                                               O Rosal, 11 de Xaneiro de 2011

                                                           O ALCALDE

 

 

 

 

                                                  Jesús Mª Fernández Portela

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí