Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Benestar Social de Tomiño axiliza as axudas para familias en risco de exclusión

As dependencias de Benestar Social están abertas ao público a través do teléfono 986623211 de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 horas, atendidas por quendas de tres traballadoras

As dependencias de Benestar Social están abertas ao público a través do teléfono 986623211 de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 horas, atendidas por quendas de tres traballadoras

Fecha: 31 de Marzo de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

O Departamento de Benestar Social do Concello de Tomiño traballa sen descanso estas semanas para chegar a todas as persoas usuarias do servizo, a través de diferentes programas.

A situación socio sanitaria orixinada pola crisis do coronavirus ocasionou, ademais, que se despuxeran axudas extraordinarias a familias en risco de exclusión; unha primeira de 820 euros para a compra de alimentos e outros bens de primeira necesidade, para cinco familias constituídas por 24 persoas, e unha segunda, de 770 euros para cubrir os gastos de outras seis familias, con 23 persoas en total.

Ademais, sumouse unha alta no Servizo de Axuda no Fogar, (SAF) que na actualidade conta cun total de 117 usuarios e 42 auxiliares. Estes continúan asistindo aos fogares a pesar da crise, utilizando material de protección contra posibles contaxios, achagado pola Xunta de Galicia.

Nestas últimas semanas producironse 13 baixas temporais no SAF e 11 reducións, máis 9 baixas en dependencia, debido a que as persoas, ao estar confinadas nas casas, teñen máis tempo para coidar dos seus familiares.

Para facer fronte á situación de emerxencia, o Concello vén de recibir un total de 89.562 euros procedentes da Deputación de Pontevedra en concepto de axuda de emerxencia (10.200€); Servizos comunitarios e SAF (59.042€), e unha liña extraordinaria (20.320€) para facer fronte á situación de pandemia Covid-19. Neste capítulo inclúese atención á situación de persoas miores que vivan solas ou que se atopen en situación de risco ou especial vulnerabilidade; desinfección de dependencias municipais abertas ao público, reparto de alimentos, limpeza de espazos públicos e colectores, etc.

Así mesmo, o Concello de Tomiño solicitou da Xunta de Galicia a presencia das brigadas de medio rural que procederon á desinfección das dúas residencias de persoas maiores de titularidade privada existentes no municipio (unha en A Salgosa-Tomiño, con 52 persoas usuarias, e outra en Torrón, con 18).
Asemade, mantense contacto coas asociacións de persoas condiscapacidade Vontade, Avelaíña e San Xerome, dispoñendo axudas para casos especiais, e colabórase tamén nos repartos organizados por SOS Tomiño-Baixo Miño.

As dependencias de Benestar Social están abertas ao público a través do teléfono 986623211 de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 horas, atendidas por quendas de tres traballadoras que fan seguimento de aqueles casos que así o precisan, en colaboración coa agrupación de Protección Civil, que colabora nas saídas necesarias para levar medicamentos ou alimentos ás familias que non poden conseguilos por se mesmas.
Tamén continúa operativa a Oficina Municipal de Igualdade, de luns a venres, para atender a todos aqueles caso de violencia de xénero que necesiten atención especializada ou asesoramento xurídico.

Por outra banda, estáse a traballar dende o Servizo de Educación Familiar nunha ferramenta online con propopostas educativas e de ocio que permita ás familias do Concello conxugar os tempos de traballo escolar dos fillos e fillas de educación infantil, de 0 a 6, e primaria e de lecer, clarexando dúbidas e realizando actividades de acompañamiento, coa colaboración das técnicas do programa Medrando en Familia, da Escola Municipal de Teatro, e da actividade extraescolar "Emociónate", pondo tamén á súa disposición o email de contacto apoiofamiliar@tomino.gal

A concelleira de Benestar Social, Cristina Martínez, quere agradecer a todo o personal da súa concellería polo traballo desempeñdo nestas semanas tan complicadas, e moi especialmente, aos voluntarios e voluntarias de Protección Civil, polo seu apoio constante e desinteresado, animando á poboación a quedarse na casa na medida do posible, e a chamar por teléfono ao departamente de Benestar en caso de necesidade familiar ou social.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones