Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

BESTEIRO: -AS DEREITAS NON SON DE FIAR; A DO PP XA A COÑECEMOS, E CIUDADANOS ACABA DE ASOMAR A PATA E XA DÁ MEDO-

-Non podemos permitirnos ir cara atrás e perder dereitos que acadamos entre todos-, afirmou o socialista

-Non podemos permitirnos ir cara atrás e perder dereitos que acadamos entre todos-, afirmou o socialista

Fecha: 12 de Diciembre de 2015

Fuente: Prensa PSOE

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, participou esta tarde noite en dous mitines en Tui e A Guarda, nos que advertiu de que "as dereitas non son de fiar" porque "non están neste mundo, nin lles preocupa". Besteiro afirmou que "a do PP xa a coñecemos" mentres que "Ciudadanos só acaba de asomar a pata e xa dá medo".

"Non podemos permitirnos involucionar, volver ao pasado e ir cara atrás e perder dereitos que acadamos entre todos con tanto esforzo", asegurou o socialista, para quen Ciudadanos "é a dereita máis reaccionaria disfrazada" despois de coñecer propostas como a eliminación das penas específicas por violencia machista ou que os profesores deixen de ser funcionarios.

Pola súa banda, "o PP non é de fiar, e a súa palabra xa non é garantía de nada", dixo Besteiro, que lembrou que en Galicia con Feijóo xa o saben "os traballadores do cerco, aos que se lles prometeron cambios e viron como se aprobou unha norma con nocturnidade e alevosía co goberno en funcións", os gandeiros, "aos que se lles dixo que o goberno garantiría o cumprimento dun acordo que hoxe é papel mollado", ou "os pais e nais aos que se lles dixo que ían ter a vacina da meninxite para os seus fillos e hoxe volver peregrinar ata Portugal".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí