Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

BJÖRK ACTUARÁ HOXE VENRES ÁS 22:30 HORAS NA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA DESPOIS DO SEU REGRESO AOS ESCENARIOS ESTA FIN DE SEMANA EN MARROCOS

A artista islandesa actuou este venres no Festival de Músicas Sacras celebrado en Fez (Marrocos) onde ofreceu un vibrante espectáculo coa súa voz totalmente recuperada

Fecha: 22 de Junio de 2012

Fuente: www.xunta.es

Bjork no concerto da súa reaparición en Marroco Björk regresou este venres aos escenarios coa súa voz totalmente recuperada e ofrecendo un vibrante concerto,un anticipo do espectáculo que ofrecerá o vindeiro día 22 a partir das 22:30 horas na praza exterior da Cidade da Cultura de Galicia. Tras verse obrigada a suspender a súa xira por problemas na súa voz, o esperado regreso da artista islandesa tivo lugar este venres no Festival de Músicas Sacras celebrado en Fez (Marrocos) onde volveu dar mostra do poderío dunha voz tan única como particular, que acompañou dun coro formado por trece persoas e un completo espectáculo visual e sensorial que trasladará o 22 de xuño á Cidade da Cultura de Galicia.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria quere recordar que o concerto deste venres no Gaiás é a última oportunidade para ver este ano a Björk en España e Portugal, tras verse obrigada a suspender as outras actuacións que tiña previstas na Península. As entradas para este concerto están á venda en Servinova, Novagaliciabanco, FNAC, Ticketmaster, Halcón Viajes, Carrefour e a propia Cidade da Cultura a un prezo de 40 euros máis gastos de xestión. No caso de non esgotarse antes do evento, poderanse mercar as entradas nos despachos de billetes habilitados para o efecto na zona de aparcamento da Cidade da Cultura a partir das 16:00 horas do venres 22 de xuño, a un prezo de 45 euros. A apertura de portas do recinto habilitado para o espectáculo terá lugar tres horas antes de que dea comezo a actuación: ás 19:30 horas.

Espectáculo para os cinco sentidos
Cosmogony foi o tema elixido por Björk para o seu regreso aos escenarios, deixando patente que a recuperación da súas cordas vogais é total. A artista islandesa despregou un auténtico espectáculo para os cinco sentidos, cun repertorio no que combinou temas dos seu último traballo, Biophilia, con algúns dos seus máis grandes éxitos como Declare Independence. Unha actuación que poderán gozar en primeira persoa todos os que este venres se acheguen á praza exterior do Gaiás, que se estrea como escenario de grandes concertos internacionais de primeiro nivel coa actuación dunha das grandes referencias da música contemporánea dos últimos vinte anos.

Servizo especial de autobuses
Para subir do centro da cidade de Santiago ata o Gaiás, os fans de Björk disporán dun servizo de autobuses especial desde as 19:00 horas, media hora antes de que se permita o acceso ao recinto do concerto e ata o seu inicio, previsto para as 22:30 horas. A frecuencia será cada vinte minutos aproximadamente, e o punto de saída: a rúa Ramón Piñeiro (na rúa lateral do Parlamento de Galicia, nos soportais dos antigos Cines Compostela) e o prezo do billete, un euro.

O acceso tamén se poderá realizar en coche particular, para os que se habilitarán tres aparcamentos no complexo, aínda que haberá un número limitado de prazas (Ver Mapa explicativo sobre o concerto de Bjork na Cidade da Cultura ). Por este motivo, a organización recomenda encarecidamente utilizar o transporte público para evitar posibles aglomeracións e atascos e facilitar un acceso fluído ao Gaiás.

Documentos relacionados

Mapa explicativo sobre o concerto de Bjork na Cidade da Cultura

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones