Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

BNG A Guarda: Carrero trata de desviar a atención do punto limpo en vez de asumir as súas responsabilidades

Bea Lomba (BNG):-Non decatarse, cando menos, de que no proxecto aparece que A Gándara limita con Oia, fainos dubidar de que o alcalde e o seu equipo leran o proxecto-

Bea Lomba (BNG):-Non decatarse, cando menos, de que no proxecto aparece que A Gándara limita con Oia, fainos dubidar de que o alcalde e o seu equipo leran o proxecto-

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Febrero de 2025

Fuente: BNG A Guarda

O BNG puxo en coñecemento da cidadanía a paralización do novo punto limpo da Guarda por irregularidades na súa tramitación. O Alcalde da Guarda Roberto Carrero, que sería o que tería que dar a coñecer estes feitos, viuse na obriga a saír agora aos medios de comunicación despois da denuncia do BNG,  non para asumir as súas responsabilidades senón para desviar a atención  sobre o asunto.

 

A responsábel local do BNG, Bea Lomba, manifesta que “todo o procedemento está cheo de irregularidades. No proxecto aparece varias veces que a finca do Viso na Gándara, onde se pretendía ubicar o punto limpo, limita co Concello de Oia. Que non se corrixira tal despropósito,  fainos dubidar de que o alcalde e o grupo de goberno se molestaran en ler o documento”.

 

A nacionalista continuou argumentando “o nivel de incompetencia do alcalde e do PP acada cotas pouco imaxinábeis e de paso demóstranos o nulo interese que teñen no polígono empresarial .Nin se molestaron  en coñecer a súa ubicación, xa que  o proxecto do punto limpo está no ámbito desta  importante  infraestrutura para A Guarda e O Rosal.”

 

Bea Lomba acabou concluíndo “sen descartar as responsabilidades que poida ter o equipo técnico, o problema que temos é infinitamente superior. O Concello da Guarda, nas mans de Carrero, é un barco a deriva sen ninguén ao timón”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí