Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

BNG e PSdeG-PSOE chegan a un acordo para un Goberno -de progreso e consenso- no Rosal

Este pacto garante a estabilidade dun goberno que camiñe na mellora da realidade social, dos servizos e da calidade de vida da veciñanza

Este pacto garante a estabilidade dun goberno que camiñe na mellora da realidade social, dos servizos e da calidade de vida da veciñanza

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Junio de 2023

Fuente: Comunicado Público

O BNG e o PSdeG-PSOE veñen de asinar un acordo para formar un goberno de progreso e consenso no Rosal, poñendo os intereses do municipio por riba de todo. Co obxectivo de brindar estabilidade ao futuro goberno municipal durante os vindeiros catro anos, con este acordo BNG e PSdeG-PSOE comprométense a camiñar xuntos nun goberno baseado no consenso e en positivo que sexa exemplo de progreso e avance.

BNG e PSdeG-PSOE amosaron a súa gran satisfacción por este acordo co que se comprometen a camiñar xuntos para mellorar a realidade social, os servizos e a calidade de vida, convivencia e benestar da veciñanza, traballando da man en todos os proxectos que permitan continuar transformando O Rosal.

A través deste acordo o concelleiro do PSdeG-PSOE, José Carlos Martínez Crespo, asumirá as competencias de Deportes, Turismo e Educación cunha dedicación parcial. Pola súa banda, o BNG, liderado por Ánxela Fernández Callís, asumirá a alcaldía e resto de competencias, concellarías e dedicacións e asignacións.

Ambas formacións acordaron traballar en equipo dende a transparencia e a coordinación para abordar diferentes liñas estratéxicas para o progreso da veciñanza do Rosal. O pulo a proxectos que favorezan a mobilidade recuperando espazos para as persoas con criterios de accesibilidade e sostibilidade; o apoio a iniciativas que favorezan o desenvolvemento económico sostible e a fixación de poboación na comarca, a formación relacionada cos sectores produtivos ou o comercio local; ou a posta en valor de cultura, patrimonio e deporte da man das asociacións e clubs cunha axenda de lecer diversa en todos os barrios centrarán algúns dos eixos centrais do goberno de coalición.

Por outra banda, BNG e PSdeG-PSOE tamén marcan como liñas estratéxicas do vindeiro goberno facilitar a conciliación a través da creación de novos espazos inclusivos e defendendo o ensino de proximidade; defender o coidado da contorna natural como clave do futuro do Rosal; fomentar a participación veciñal e do tecido asociativo na toma de decisións; mellorar infraestruturas e servizos municipais e esixir uns servizos públicos de calidade ante a administración autonómica, como a sanidade ou o transporte público.

BNG e PSdeG-PSOE recoñecen o esforzo realizado por ambas formacións e a vontade de traballar da man, poñendo o interese do Rosal por riba de todo e ofrecendo estabilidade e continuidade a unha xestión municipal coa que avanzar en áreas clave para o municipio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí