Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

BNG: O PP recurre a mentira para ocultar os seus apaños co PSOE

Anxo Baz -A desesperación do PP é tal que chegan a inventar que o BNG é socio de goberno de Antonio Lomba cando toda A Guarda sabe que non é verdade-

Anxo Baz -A desesperación do PP é tal que chegan a inventar que o BNG é socio de goberno de Antonio Lomba cando toda A Guarda sabe que non é verdade-

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Octubre de 2022

Fuente: BNG A Guarda

O PP da Guarda trata de desviar a atención sobre os apaños aos que chega co PSOE repetindo permanentemente  a mentira de que “o BNG é socio de goberno de Antonio Lomba”, a  pesar de que todo o pobo da Guarda sabe que o BNG non forma parte do  goberno municipal.

 

Esta maneira tan absurda de proceder do PP, é unha mostra clara da desesperación e nerviosismo do líder do PP por  ocultar a veciñanza os acordos vergoñentos e contrarios aos intereses dos guardeses e guardesas aos que chega co PSOE de Antonio Lomba.

 

O PP da Guarda é cómplice co goberno do PSOE de intentar  eliminar 12.000 m² de solo público para equipamentos, zonas verdes e aparcamentos no entorno do antigo campo de fútbol do Trega (PERI 5). Tamén son cómplices do goberno de Antonio Lomba en atrasar e  ter paralizado o acceso sur ao porto da Guarda a pesar das advertencias do BNG.

 

O  cinismo do portavoz do PP, ponse de  manifesto unha vez máis cando  acusa ao BNG da inoperancia do goberno do PSOE na xestión da piscina. Dase a circunstancia ademais  que fronte ao silencio do PP neste asunto no último pleno, o BNG demandou  explicacións ao goberno municipal.

 

O portavoz municipal do BNG Anxo Baz manifesta “ a ausencia de proxecto do PP e do  PSOE para a Guarda coinciden plenamente. Carecen dun deseño alternativo e de futuro para o pobo da Guarda e a  política do PP consiste en tratar de distraer a veciñanza   para    tapar as súas falcatruadas”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí