Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

BNG: O PSOE e PP queren dilapidar o patrimonio municipal na finca de Fínola

Anxo Baz: -O BNG apoiará á veciñanza na mobilización para paralizar o despropósito que pretenden levar adiante en Fínola-

Anxo Baz: -O BNG apoiará á veciñanza na mobilización para paralizar o despropósito que pretenden levar adiante en Fínola-

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Mayo de 2022

Fuente: BNG A Guarda

O acordo plenario tomado  polo goberno local  do PSOE co apoio do PP  para disgregar a Finca de Fínola  do plan especial 5 (PERI nº5), que abarca o antigo campo de fútbol de Santa Trega, a Finca de Fínola e outras propiedades de menor entidade,  impediría desenvolver esta área que é crucial para o futuro da Guarda, segundo manifestou o portavoz do BNG no concello da Guarda, Anxo Baz.

O portavoz nacionalista, asegurou que “A Guarda precisa terreo público para equipamentos, zonas verdes e aparcamentos, e desenvolvendo o PERI nº5, tal como permite a lei, faría que o Concello da Guarda conseguise eses terreos gratis, en lugar de desperdiciar a oportunidade”.

A superficie total desta área, en pleno centro da Guarda, é de case 18.000  m². Iniciar o seu desenvolvemento permitiríalle ao Concello dotarse como mínimo de máis de de 2.700 m² para zonas verdes e de  esparexemento, e igual para zona de equipamentos, ademais de aparcamentos en superficie e vivenda de promoción pública.

Anxo Baz anunciou que “o BNG chamará  a veciñanza da Guarda a iniciar un proceso de alegacións individuais para paralizar o despropósito que pretenden levar adiante en Fínola tanto o PSOE  como o PP.”

O nacionalista na súa intervención no Pleno acusou  o goberno do PSOE e ao PP de “querer levar adiante unha nova chapuza urbanística que condicionaría a ordenación integral da área, ademais de persistiren  en dilapidar o  patrimonio público iniciado no pasado mandato coa compra de Fínola  aos bancos, na que malgastaron máis de 300.000 euros“.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones