Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

BNG: Os orzamentos do Concello da Guarda evidencian a falsidade das promesas electorais do PP

Anxo Baz (BNG): -Un mes despois de asinar un convenio co Conselleiro de Sanidade, o Alcalde Roberto Carrero, esquécese do CIS-

Anxo Baz (BNG): -Un mes despois de asinar un convenio co Conselleiro de Sanidade, o Alcalde Roberto Carrero, esquécese do CIS-

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Marzo de 2024

Fuente: BNG A Guarda

O portavoz municipal do BNG no Concello da Guarda, Anxo Baz, manifestou  no debate sobre os orzamentos para o ano 2024 que “non van servir para mellorar a vida dos guardeses e guardesas, para o único que  poden valer é  para evidenciar as mentiras  do Alcalde Roberto Carrero   á cidadanía. Sirva como exemplo  que non adiquen nin un só euro á compra dos terreos para a construción do CIS (Centro Integrado de Sanidade) que anunciaron aos catro ventos  na campaña das eleccións galegas con  pantomima incluída da sinatura dun convenio co Conselleiro de Sanidade”

 

O nacionalista tamén lle afeou ao goberno municipal “que carecen de ambición e non pasan de ser  un exercicio contable  ademais de  chegar tarde  como demostra que   xa gastaron  máis de 615.000 €,  algo máis do 8% do total  dos orzamentos antes da súa aprobación”.

 

Anxo Baz, noutro momento da súa intervención tamén amosou a súa preocupación  porque as  inversións reais baixan un 40% respecto aos últimos orzamentos aprobados no 2021, pasando de 106.143,12 € a 64.273,97€ no 2024, e destacou “os orzamentos son o documento económico no que se sustenta un proxecto de pobo. E nós nestes orzamentos non vemos nin rastro de ningún dos proxectos que precisa A Guarda. Con casi 42.000 € menos para inversións reais, semella que o cambio de rumbo non vai desta. O que si teremos é máis do mesmo: abandono, deixadez, e pasividade”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí