Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

BNG urxe un medio de transporte eficaz e sostíbel entre Caminha e A Guarda

Rego aposta por camiñar cara a constitución dunha Eurocidade Caminha e A Guarda como un proxecto de futuro

Rego aposta por camiñar cara a constitución dunha Eurocidade Caminha e A Guarda como un proxecto de futuro

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Marzo de 2022

Fuente: BNG A Guarda

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, anuncia novas iniciativas ante a situación actual das comunicacións limitadas entre Caminha e A Guarda e reclama ao Goberno do Estado alternativas que solucionen os problemas e pór en marcha unha comunicación eficaz e sostíbel. A organización nacionalista  aposta por un proxecto de futuro para a constitución dunha futura Eurocidade.

O transbordador Santa Rita de Cássia permitiu a conexión, tanto para vehículos como persoas, entre os concellos da Guarda e Caminha desde 1995, mais hai anos que quedou obsoleto por tratarse dunha embarcación anticuada e por precisar dun calado para navegar do que o río carece. Durante décadas tivo que recorrerse á dragaxe do esteiro do Miño para retirar as areas e sedimentos que se acumulan: primeiro encargouse o Goberno da República Portuguesa e, despois, o Goberno do Estado español, que fixo a última no 2012. 

“A solución das dragaxes permanentes non serve polo seu alto custo ambiental e económico. Ademais, as constantes avarías e un pantalán de atracada absolutamente abandonado, por parte de Portos da Xunta de Galiza, contribuíron tamén nos últimos anos a facer inservíbel este medio de transporte, que xa non permite o tránsito de vehículos e onde os horarios dependen das mareas” explica o deputado nacionalista. Rego, neste sentido, reclama ao Goberno do Estado que estabelece alternativas que solucionen o problema actual nas comunicacións entre Caminha e A Guarda.

“Resulta fundamental recuperar dunha maneira eficaz a comunicación con Caminha e, para iso, é preciso un compromiso entre os Gobernos do Estado español e Portugal, que conte ademais coa implicación da Xunta de Galiza e dos  concellos afectados a ambas as beiras do río Miño” reivindica Rego. Para a organización nacionalista deben estudarse as distintas alternativas de transporte posíbeis, para apostar finalmente por unha proposta que permita compatibilizar a conservación do alto valor ecolóxico do Esteiro do Miño coa posta en marcha dun novo medio de comunicación eficaz e sostíbel que conecte de forma áxil A Guarda con Caminha. 

Após seis meses parado polo fechamento do porto e a falta de canle de navegación suficiente, no verán de 2021 retomouse a actividade do ferry con restricións – os usuarios con vehículo non poderán embarcar- ademais de reducir as frecuencias e días para sucar o Miño. “O parón da actividade, así como o descenso actual do tránsito influíu notabelmente na actividade económica da localidade da Guarda” denuncia Rego.

O deputado nacionalista aposta por un proxecto de futuro que poida servir para “avanzar na constitución dunha futura Eurocidade entre A Guarda e Caminha, que potenciaría as relacións entre ambas localidades situadas a ambas beiras do Miño”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí