Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Bo balance para os teixugos Luís Fernández e Manuel Ochoa na Copa do Mundo de Slálom en Cracovia

Os deportistas do Club Deportivo Miño-Teixugos participaron na Copa do Mundo de Slálom entre o 17 e 19 de xuño

Os deportistas do Club Deportivo Miño-Teixugos participaron na Copa do Mundo de Slálom entre o 17 e 19 de xuño

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Junio de 2022

Fuente: Club Deportivo Miño-Teixugos

Entre os días 17 ao 19 de xuño disputouse na cidade polaca de Cracovia unha Copa do Mundo de Slálom. Como parte do equipo nacional, os deportistas do Club Deportivo Miño-Teixugos, Luís Fernández e Manuel Ochoa participaron no evento.

O salcedán Luís Fernández foi un dos tres representantes españois en canoa ou C1. O venres pola tarde,  loitou por acadar un posto nas semifinais, non o conseguiu a primeira, pero si na repesca. Na mañá do domingo fixo unha baixada en semifinais moi boa, pero dous toques nas portas 19 e 20 deixárono ás portas de acadar a final. Rematou a copa do mundo nun meritorio décimo sexto lugar.

O tomiñés Manuel Ochoa tivo dobre participación en caiac, na modalidade tradicional de K1 e en extremo. Na mañá do venres, en K1, foi quen de meterse nas semifinais na primeira rolda. Ao día seguinte intentou acadar unha das dez prazas de finais, comezando a baixada con moi bo pé, pero un erro nunha das portas e un toque noutra, fixo que perdera uns segundos , quedando lonxe das finais. Rematou a copa na trixésimo cuarta posición.  Ese mesmo sábado pola tarde participou na contra-reloxo para poder estar entre os 32 seleccionados para cuartos de final. Conseguiu o sétimo posto, a apenas segundo e medio do primeiro. Na tarde do domingo superou os cuartos de final gañando a súa serie pero non as semifinais. Rematou a copa de slálom extremo décimo terceiro.

Tanto Luís como Manu xa están de camiño a Tacen, Eslovenia, onde disputarán a seguinte Copa do Mundo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí