Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Broken Peach e dj Gramola poñen a nota musical nas festas de San Telmo este xoves

As actuacións musicais previstas para o venres anticípanse ao xoves pola previsión de choiva

As actuacións musicais previstas para o venres anticípanse ao xoves pola previsión de choiva

Fecha: 05 de Abril de 2018

Fuente: Concello de Tui

A música será un dos pratos fortes do xoves, 5 de abril, na programación das festas de San Telmo. As actuación previstas inicialmente para o venres anticípanse para o xoves debido á previsión de choiva que hai para venres. Deste xeito o Paseo da Corredoira acollerá dende ás 19h o Mercado de Autor e Food Trucks coa participación de Pau e Lume, MisCo-Midas e La chaca. Ás 20h comezará o karaoke no que calquera persoa poderá participar interpretando as súas cancións favoritas.

Ás 22.15h será a quenda do grupo Broken Peach, unha formación integrada por de 3 a 5 voces, con batería, baixo, guitarra e piano. Achegarán ao público versións dos anos 70, 80 e 90 até a actualidade, nun concerto pensado para todas as idades e para disfrutar bailando. Os seus directos caracterízanse por unha coidada estética tan elegante como extravagante que sitúan ao espectador en diferentes épocas e ambientes. Amais o seu eclecticismo músical vai do soul hasta el rock, pasando polo gospel, funk, pop, ...

A continuación será a quenda dj Gramola cunha coidada selección musical en vinilo.

Amais de 11 a 13h continúan as actividades con Chirlomirlo. Mañá os nenos serán aprendices de magos fabricando a súa variña, e practicando trucos de maxia...baixo o título de "Escola de Maxia". Mentres ás 16h comeza na Sala Félix Rodríguez a proxección de "Vaiana".

Por último ás 21h, no Teatro Municipal de Tui, será a quenda do grupo de teatro Chirlomirlo da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe que estreará "Aquí non se paga" de Dario Fo. Doce actores, baixo a dirección de Areta Bolado, interpretan esta comedia na que dúas mulleres inician unha revolta popular contra a suba dos prezos no supermercado. As entradas, sen numerar, poranse á venda ás 20.30h ao prezo de 1,5€.

Programación das Festas de San Telmo - Xoves, 4 de abril
• 11.00-13.00 h No edificio da Área Panorámica, porta 12, actividades infantís - "Escola de maxia" con Chirlomirlo. *Entrada libre ata completar capacidade.
• 16.00 h Na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, porta 10, cinema infantil "Vaiana" con En Un Tris Tras - 107 min. *Entrada libre ata completar capacidade.
• 19:00 h No Paseo da Corredoira, Mercado de FoodTrucks.
• 20.00-22.00 h No Paseo da Corredoira, Festival de Karaoke.
• 21.00 h No Teatro Municipal X Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de Teatro Chirlomirlo da A.C. Xuntanza de Randufe estrea "Aquí non se paga" - 65 min. Entrada 1,5 €.
• 22.15-23.45 h No Paseo da Corredoira, actuación grupo Broken Peach.
• 00.00-1.00 h No Paseo da Corredoira, actuación DJ Gramola.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones