Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Cabalgata de Reis este venres en Tomiño

Para participar nalgunha das actividades é necesario que tanto nenos e nenas como maiores se inscriban a través da páxina web do concello

Para participar nalgunha das actividades é necesario que tanto nenos e nenas como maiores se inscriban a través da páxina web do concello

Fecha: 05 de Enero de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O Nadal está a volta da esquina e Tomiño comeza a preparar todo para que os máis pequenos e pequenas da casa poidan gozar de tempo de lecer, sos ou acompañados das súas familias. Tras o arranque do programa de Nadal co tradicional concerto da Agrupación Musical de Goián este pasado domingo, as actividades retomaranse o vindeiro 26 de decembro co inicio de contacontos para nenos e nenas e de obradoiros para todas as idades no Mercado de Tomiño.

Para o público máis infantil, nenos e nenas de 4 a 10 anos, haberá na praza de abastos da Praza do Seixo a partir das 17.00 horas contacontos e obradoiros que se centrarán no ‘Reno Renato e outros contiños' o día 26, en ‘O homiño de mazapán e outras historias para merendar' o día 27 e no ‘Tren de Martiño e outros contos no camiño' o día 28.

O día 29 de decembro o Mercado de Tomiño acollerá durante toda a xornada talleres para todas as idades. Así, pola mañá, ás 11.00 horas haberá un obradoiro sobre xoguetes e consumo responsable para rapaces e rapazas de 8 a 12 anos e ás 12.00 horas os nenos e nenas de 3 a 7 anos traballarán a igualdade a través da publicidade. Xa na quenda de tarde, os mozos e mozas de 13 a 17 anos profundarán sobre o consumo na rede (18.00 horas) e os maiores aprenderán sobre alimentación e interpretación de etiquetado a partir das 19.00 horas.

Aínda quedan prazas dispoñibles, pero todas aquelas persoas interesadas en participar nos contacontos ou nos obradoiros de Nadal terán que inscribirse a través da páxina web municipal nos seguintes enlaces (http://tomino.gal/formulario-de-incricion-obradoiros-e-contacontos-nadal-2017/ e http://tomino.gal/formulario-alimentacion-e-interpretacion-de-etiquetado-nadal-2017/) ou no departamento de Cultura do Concello de Tomiño.

Máis actividades

O Apalpador chegará ao Mercado de Tomiño o vindeiro 30 de decembro ás 12.00 horas.  E, pola tarde (17.00 horas), o Mago de Oz encherá de maxia o auditorio de Goián co seu musical infantil. A este espectáculo os nenos e nenas poderán asistir de balde, mentres que os adultos terán que pagar unha entrada de 3 euros.

A Praza do Seixo encherase de maxia e cor os días 2, 3 e 4 de xaneiro coa colocación de inchables para o disfrute dos máis pequenos e pequenas da casa e cos obradoiros que se celebrarán de 16.00 a 20.00 horas.

A Cabalgata de Rei será o venres 5 con saída dende o Campo do Alivio ás 16.30 horas e o seu tradicional percorrido ata a Praza do Seixo, onde os nenos e nenas de Tomiño serán recibidos polas súas Maxestades os Reis Magos e onde haberá sorteo de varios agasallos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones