Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CABALGATA DE REIS MAGOS EN TOMIÑO

O pavillón polideportivo da Carballa acollerá unha gran festa infantil e a Casa da Cultura, o Concerto de Ano Novo

Panxoliñas, obradoiros infantís, teatro familiar, concerto de Ano Novo e cabalgata de Reis son só algunhas das actividades propostas para estas datas.

Fecha: 05 de Enero de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

A Concellaría de Cultura organiza unha programación de Nadal chea de actos. Panxoliñas, obradoiros infantís, teatro familiar, concerto de Ano Novo e cabalgata de Reis son só algunhas das actividades propostas para estas datas.

A programación iníciase o vindeiro domingo, 14, co espectáculos Panxoliñas Nadal Coral, na Casa da Cultura, ás 18.00 horas.

O sábado 20 de decembro terá lugar el Festival de Nadal Virxe do Alivio, tamén na Casa da Cultura, ás 20.00 horas.

O luns 22, Obradoiro Interxeracional de Agasallos de Nadal, no Centro de Día de Tomiño, entre as 11.00 e as 12.00 horas, con persoas maiores e nenos (de 6 a 12 anos).Para participar é necesario inscribirse no Concello.

A programación continúa o sábado 27 de decembro, co espectáculo "Holy Night", con entrada de 3 euros para os adultos e nenos/as gratis. Na Casa da Cultura ás 18.00 horas.

O domingo 28, teatro cos "Tres porquiños", da compañía Educa Teatro. Tamén na Casa da Cultura, ás 18.00 horas. Adultos: 3 euros. Nenos/as de balde.

Luns 29 e martes 30 haberá gran Festa Infantil no pavillón da Carballa, con sorteo de agasallos. Entre as catro e as oito da tarde.

No mes de xaneiro, continúa a programación de Nadal. O venres 2, celebrarase o obradoiro "Un agasallo para os avós", con Migallas Teatro. Será na Casa da Cultura, entre as 17.30 e as 19.30, sendo preciso apuntarse previamente no Concello.

Ese mesmo día, gran Concerto de Ano Novo co Coro Passionato. Casa da Cultura, 20.00 horas.

O sábado 3 de xaneiro, teatro con "A nena e o grilo nun barquiño", de Urdime. Propostas culturais para a infancia e a xuventude". Casa da Cultura, 18.00 horas. Adultos, 3 euros. Nenos/as, de balde.

O domingo 4, maxia e teatro con "O pequeno mago", tamén na Casa da Cultura, ás 18.00 horas.

Finalmente, o luns 5 de xaneiro, será a Cabalgata de Reis, con saída dende o Campo do Alivio, ás 16.30 horas. As súas Maxestades recibirán aos pequenos/as e haberá sorteo de agasallos.

Organiza Concello de Tomiño coa colaboración das asociacións Vontade, Avelaíña, Adeto e voluntarios da OMIX.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones