Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Caminha e A Guarda acollen o 21 e 22 de agosto o I Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Miño

O evento terá dous espazos diferenciados, en Caminha na Praza do Conselleiro Silva Torres e na Guarda na Praza de Avelino Vicente(As de Copas), onde se realizarán presentacións de libros, actuacións en directo, recitais de poesía, contacontos, entre outra

O evento terá dous espazos diferenciados, en Caminha na Praza do Conselleiro Silva Torres e na Guarda na Praza de Avelino Vicente(As de Copas), onde se realizarán presentacións de libros, actuacións en directo, recitais de poesía, contacontos, entre outra

Fecha: 22 de Agosto de 2020

Fuente: Concello da Guarda

A Cámara Municipal de Caminha(Portugal) e o Concello da Guarda, ultiman xa os preparativos para o I Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Miño, un evento cultural que terá lugar de xeito simultáneo o venres 21 e sábado 22 de agosto nos concellos veciños a ámbalas dúas ribeiras do Río Miño.

 

O evento terá dous espazos diferenciados, en Caminha na Praza do Conselleiro Silva Torres e na Guarda na Praza de Avelino Vicente(As de Copas), onde se realizarán presentacións de libros, actuacións en directo, recitais de poesía, contacontos, entre outras accións programadas nesta primeira edición.

 

Nesta primeira edición participarán os concellos portugueses de Caminha, Vila Nova de Cerveira, Valença do Minho, Monçao, Melgaço e Paredes de Coura e os concellos galegos de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño, Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo, e Crecente, todos eles aportarán a mellor selección dos exemplares producidos no Baixo e Alto Minho, ou que versen sobre esta rexión, cun total de máis de 150 títulos diferentes.

O evento conta coa organización da Camara Municipal de Caminha, do Concello da Guarda, da Junta de Freguesia de Caminha e Vilarelho e do Jornal Digital Caminh@2000.

 

O evento terá inicio na tarde do venres 21 en horario de 20:00h a 22:00h(ESP) e continuará na xornada do sábado 22 en horario de mañá de 11:00 h a 14:00 h e pola tarde de 18:30 h a 21:30 h (ESP).

PROGRAMACIÓN

I FEIRA DO LIBRO LUSO-GALAICA DA RIBEIRA DO MIÑO

21 agosto 20:00H - 22:00H | 22 agosto 11:00 h. a 14:00 h. e 18:30 h. a 21:30 h  

[Praza Avelino Vicente(As de Copas), A Guarda]

 

VENRES 21,  20:00 h. a 22 h

- 20:00 horas: Inicio do evento coas personalidades políticas e os técnicos de cultura dos respectivos concellos participantes.

-  20:45-21:25 horas: Inauguración do evento con Aser Álvarez González. Director de Arraianos Producións. Presentación da publicación Galicia Rural, un proxecto documental multimedia elaborado en colaboración co Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, que propón ideas para unha reflexión sobre a realidade, os desafíos e as posibilidades de futuro do mundo rural galego.

- 21:25-21:55 horas: Carvalho Calero sem fronteiras. Unha viaxe audiovisual pola vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero através dun recital poético e musical de Moisés Quintas e Aser Álvarez. Producido por Arraianos Producións.

- 22:00 horas: Peche do venres.

SÁBADO 22, pola mañá de 11:00 h. a 14:00 h. e pola tarde de 18:30 h. a 21:30 h.

- 11:00horas: Apertura do sábado.

- 11:05-11:55 horas: ContaContos con Marisol Diz, bibliotecaria de A Guarda e Liliana Geraldes , a cal presentará o seu libro infantil Clara e a illa de plástico

- 12:00-12:40 horas: Ricardo Vicente(Infogauda) e Luís Almeida(promotor do evento e director de Caminha 2000). Luis Almeida falará sobre os seus 20 anos a fronte da súa empresa e da Comunicación rexional.

- 12:45-13:15 horas: Puri Ameixide, "O paso do Miño en 1809: Historia e Literatura á lúz da lúa". Puri Ameixide é profesora de lingua e literatura galegas no IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño, e autora das novelas Nada se esquece (Redelibros, 2013) e Claro de Lúa (Xerais, 2018). Claro de lúa transcorre no Baixo Miño a comezos do XIX, cando o paso do Miño polas tropas napoleónicas camiño do Porto, aportando unha visión desta guerra moi diferente da chamada "Guerra da Independencia".

- 13:15-13:45 horas: Actuación musical. Academia de Música Fernández Fao

- 14:00 horas: Peche da mañá do sábado.

 

- 18:30 horas : Apertura pola tarde.

- 19:15 -19:45 horas: O Rosal estará representado polo autor Praxíteles. Coñecido xa pola súa obra Yo también emigré a la República Federal de Alemania (1960-1980) e que fará un percorrido a través das súas obras.

- 20:00-20:30 horas: O historiador local guardés Miguel Villa, escritor de numerosos libros sobre a Sociedade Pro Monte ou as Casas Indianas, falaranos desta vez sobre os temas históricos abordados nos seus libros.

- 20:45-21:15 horas: Recital de poesía a cargo de Krisalida, poeta portuguesa da Ribeira do Miño.

- 21:30 horas: Peche do evento.

 

I FEIRA DO LIVRO LUSO-GALAICA DA RIBEIRA MINHO

21 a 23 agosto | 15H00 às 23H00

[Praça Conselheiro Silva Torres, Caminha]

 

SEXTA-FEIRA 21 AGOSTO

15H00 - ABERTURA DA FEIRA

15H30 - 100 anos - José Correia |Aniversário de um artesão do concelho de Caminha

apresentação do vídeo do José Correia - Caminha2000

 

18H00 - ABERTURA OFICIAL 

[Arcadas dos Paços do Concelho - Praça Conselheiro Silva Torres]

  • Presidente da Câmara Municipal de Caminha
  • Alcalde do Concello de A Guarda
  • Presidente da União de Freguesias de Caminha e Vilarelho
  • Luís Almeida, Diretor do Jornal Caminha2000

 

22H00 - RECITAL DE MÚSICA | ACADEMIA DE MÚSICA FERNANDES FÃO

 [Arcadas dos Paços do Concelho - Praça Conselheiro Silva Torres]

- APRESENTAÇÃO DO LIVRO "PEIXES DO RIO MINHO - RECEITAS COM HISTÓRIA", de João Guterres

Moderador: Paulo Torres Bento, Historiador

 

SÁBADO 22 AGOSTO

 

16H00 - "O MUNDO ENCANTADO DOS LIVROS" - Hora do Conto através de um livro de Joana Estima C. da Rocha | Porta de Cena

[Arcadas dos Paços do Concelho - Praça Conselheiro Silva Torres]

 

18H00 - Aser Álvares González - Diretor de Arraianos Producións - apresentação de "Galicia Rural" - projeto documental multimédia que propõe ideias para uma reflexão sobre a realidade, os desafios e as possibilidades de futuro do mundo rural galego.

[Arcadas dos Paços do Concelho - Praça Conselheiro Silva Torres]

 

19H00 - CORO FUSCALHEIRO, de A Guarda

[Praça Conselheiro Silva Torres, Caminha]

DOMINGO 23 AGOSTO

 

16H00 - Hora do conto e Workshop com a autora Liliana Geraldes

Apresentação e animação do livro "Clara e a Ilha de Plástico" de Liliana Geraldes

[Arcadas dos Paços do Concelho - Praça Conselheiro Silva Torres]

 

17H00 - RECITAL DE POESIA DE OBRAS DE AUTORES DO CONCELHO DE CAMINHA | Krisálida

[Arcadas dos Paços do Concelho - Praça Conselheiro Silva Torres]

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí