Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Camposancos bótase a rúa para esixir a senda peonil

Perto de 1.000 persoas participaron na marcha-manifestación que deu a volta ao Monte Trega para esixir unha senda peonil

Perto de 1.000 persoas participaron na marcha-manifestación que deu a volta ao Monte Trega para esixir unha senda peonil

Fecha: 02 de Marzo de 2020

Fuente: Entidade Local Menor de Campos

Perto de 1.000 persoas participaron no día de hoxe na marcha-manifestación que deu a volta ao Monte Trega para esixir unha senda peonil que permita desprazarse con seguridade desde Camposancos ata A Guarda.

Baixo o lema "Para camiñar seguro, Ecosenda Xa", convocados pola Entidade Local Menor de Camposancos co apoio da Comunidade de Montes de Camposancos e o asociacionismo cultural e deportivo de Camposancos, partiu ás 10:30 da mañá esta marcha-manifestación para esixir da Xunta de Galiza, titular da estrada PO-352, a realización desta infraestructura.

Ao remate da manifestación a Presidenta da Entidade Local Menor de Camposancos, Merchi Martínez dirixiuse aos asistentes. Nun momento da súa intervención dixo "A reivindicación que traemos hoxe aquí é unha necesidade para Camposancos e para todo o pobo da Guarda . Recorrer a pé a estrada que vimos de andar é simplemente perigoso.

Desde que empezamos a dar os primeiros pasos en novembro as asociacións camposinas e a Entidade Local Menor, empezáronse a mover as cousas. A convocatoria desta manifestación deu xa os seus primeiros froitos.

O 17 de febreiro deste mes o Concello da Guarda, encargou o Anteproxecto da senda. Nove días despois, o mércores desta semana, preséntanmo a min e o día seguinte ao vecindario de Camposancos.

A pena é que tiveramos que agardar tanto. Este anteproxecto tiña que estar elaborado moito antes. Si o estivera, ao mellor a senda hoxe estaba en marcha.

Perdéronse oportunidades. Os fondos FEDER da Unión Europea do ano 2017, contemplaban subvencións de ata o 85% para este tipo de actuacións. O Concello da Guarda deberá estar máis atento para que non se lle escapen outra vez si é que volven a saír.

E si non hai fondos FEDER, haberá que petar con entusiasmo nas portas da Xunta de Galiza, titular desta estrada. Que saiba o Concello que para eso vai contar con todo o meu apoio".

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones