Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Camposancos, un entorno único e abandonado pola Xunta de Galicia

A Entidade Local Menor de Camposancos denuncia o abandono que sofren por parte da Xunta de Galicia a pesar das numerosas demandas da súa veciñanza

A Entidade Local Menor de Camposancos denuncia o abandono que sofren por parte da Xunta de Galicia a pesar das numerosas demandas da súa veciñanza

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Julio de 2022

Fuente: Entidade Local Menor de Camposancos

Durante os meses de verán, a Entidade Local Menor de Camposancos acolle a centos de turistas. A súa situación estratéxica na desembocadura do Miño fai de Camposancos un lugar moi visitado polo turismo, ademais de ser paso do Camiño Portugués pola Costa. Sen embargo, dende a Entidade Local Menor denuncian o incumprimento das obrigas de mantemento por parte da Xunta de Galicia e demanda unha senda peonil que permita que os desprazamentos a pé sexan seguros.

A estrada da circunvalación que conecta Camposancos coa Guarda resulta moi arriscada para os desprazamentos a pé. Os numerosos peóns que a utilizan teñen que camiñar pola calzada, posto que non hai sitio para eles ao non contar cunha senda peonil que asegure os seus desprazamentos de forma segura. A Xunta de Galicia non cumpre coas súas obrigas e a Entidade  Local Menor vese na obriga de desbrozar cos seus propios medios.

“Estamos moitas veces a saltar ao medio da maleza para esquivar os coches e en moitas ocasións teñen que parar os coches cando hai un viandante e se atopan dous vehículos de fronte. A falta dunha senda peonil que una Camposancos coa Guarda é unha demanda constante da veciñanza e dos que nos visitan” comenta a Presidenta da Entidade Local Menor, Mercedes Martínez.

Ante esta situación, a Entidade Local Menor amosa o seu descontento e insta unha vez máis á Xunta de Galicia a dar solucións, despois de reiteradas veces de solicitalo por escrito, telefónicamente e incluso facer manifestacións relevantes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí