Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Cantos de improviso cargados de mensaxe con Alba María e Lupe Blanco no Rosal

Chegan este sábado 26 ao auditorio municipal con -Regueifa en feminino-, unha actividade organizada pola Asociación Cultural Xida ao abeiro do programa -Fiando redes- da Deputación de Pontevedra

Chegan este sábado 26 ao auditorio municipal con -Regueifa en feminino-, unha actividade organizada pola Asociación Cultural Xida ao abeiro do programa -Fiando redes- da Deputación de Pontevedra

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Marzo de 2022

Fuente: Concello do Rosal

Cantos de improviso dende o punto de vista de dúas mulleres que se suben ao escenario cunha nova mensaxe cargada de empoderamento e igualdade pero sen esquecer o toque de ironía. Así será a ‘Regueifa en feminino’, un concerto organizado pola Asociación Cultural Xida en colaboración co Concello do Rosal no que as regueifeiras Alba María e Lupe Blanco convencerán ao público coa súa disputa dialéctica improvisada do século XXI, inclusiva e con moitas das que foron silenciadas como protagonistas.

Trátase dunha actuación organizada ao abeiro do programa ‘Fiando redes’ da Deputación de Pontevedra, co que se busca fomentar o asociacionismo feminino e o empoderamento das mulleres, favorecendo así a súa socialización con outras da súa contorna, e dar pulo á creación de redes e ao intercambio de experiencias e sinerxías onte estas manifestan as súas inquedanzas e preocupacións.

Alba María e Lupe Blanco son dous nomes fundamentais para entender o panorama actual da improvisación oral en Galicia, cun importante percorrido ás súas costas e unha implicación total coa arte das regueifas. As regueifeiras estarán este sábado 26 de marzo a partir das 20.00 horas no auditorio municipal do Rosal nunha actuación de balde con entrada libre ata completar aforo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones