Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Carlos Blanco será o pregoeiro das festas de San Telmo 2023

A lectura do pregón terá lugar o sábado, 8 de abril, ás 12.45 h, na praza da Inmaculada

A lectura do pregón terá lugar o sábado, 8 de abril, ás 12.45 h, na praza da Inmaculada

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Abril de 2023

Fuente: Concello de Tui

O actor galego Carlos Blanco será o pregoeiro das festas de San Telmo 2023 en Tui. O actor, natural de Vilagarcía de Arousa, é coñecido pola súa destacada carreira no cinema, a televisión e o teatro. A súa carreira foi recoñecida tanto a nivel nacional como internacional.

O pregón das festas de San Telmo 2023 será lido por Carlos Branco o sábado 8 de abril ás 12:45 h na praza da Inmaculada.

Carlos Blanco é polifacético: presentador, monologuista, actor…  Conduciu programas da TVG coma ‘A Reoca’ ou ‘Somos unha potenzia’,  o seu papel coma Ladislao en ‘Mareas Vivas’ supuxo o lanzamento na súa carreira. Dende entón ten participado en películas coma El lápiz del carpintero (2003), Heroína (2005), Cargo (2006),  Volver (2006), o La playa de los ahogados (2015), entre moitas outras. Actuou en series coma Fariña o La Unidad, así coma serie portuguesa Santiago, e na segunda temporada de Rapa. Ten representado multitude de obras teatrais, está en xira con  “Tercer cuerpo”  de Claudio Tolcachir. Arestora traballa na posta en escena de Síbaris, a única obra teatral escrita por Domingo Vilar, que, dirixido polo seu fillo Lois Blanco , ten previsto levar aos escenarios no outono.

Na súa carreira ten recibido numerosos premios entre os que  destacan o Premio Rebulir da Cultura Galega na modalidade de Artes Escénicas, o Premio Mestre Mateo, o Premio da Unión de Actores. Ademais, é un recoñecido activista social, comprometido con diversas causas.

O Concello de Tui convida á cidadanía e visitantes a gozar do pregón das festas de San Telmo 2023, no que Carlos Branco dará inicio ás celebracións coas súas palabras. A cidade de Tui prepárase para vivir unhas festas cheas de alegría, música, baile e tradición entre o 8 e o 17 de abril, e a presenza de Carlos Branco como pregoeiro será, sen dúbida, un dos momentos destacados.

Proximamente darase a coñecer o programa completo das festas que se poderá consultar tanto na web municipal tui.gal, na APP Concello de Tui,  e nas redes sociais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí