Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Carlos Rodríguez Vicente será o candidato do Partido Popular á alcaldía do Rosal

Luis López sinala que -é un gran candidato, co equipo máis preparado e o mellor proxecto- para que este concello volva a pensar en grande.

Luis López sinala que -é un gran candidato, co equipo máis preparado e o mellor proxecto- para que este concello volva a pensar en grande.

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Noviembre de 2022

Fuente: PP do Rosal

Carlos Rodríguez Vicente será o candidato do Partido Popular á alcaldía do Rosal nas municipais de maio. Así o decidiu a xunta local por unanimidade, decisión que trasladaron ao presidente provincial, Luis López, e á secretaria xeral, Luisa Piñeiro, na reunión que mantiveron onte pola noite na nova sede local, á que asistiron o deputado autonómico Moisés Rodríguez, o voceiro da Guarda, Roberto Álvarez, e a presidenta da xestora de Tomiño, Lara Meneses.

 

Carlos Rodríguez amosou o seu agradecemento pola confianza tanto dos militantes e dos afiliados do Rosal, como da dirección provincial do partido, e amosouse convencido de que “somos a alternativa seria e fiable que necesita O Rosal”. Aposta por seguir traballando cara a cara cos veciños, na rúa, falando, escoitando e atendendo as súas preocupacións e inquedanzas. “É momento de recuperar a confianza dos nosos veciños, estes catro anos foron nefastos para o avance do noso concello, deixamos de ser un referente e tomar as nosas propias decisións para converternos nunha marioneta da alcaldesa de Tomiño, e por iso non podemos perder máis tempo nin máis oportunidades. Este concello necesita un impulso, O Rosal ten un gran potencial que non se está aproveitando e nós somos a opción fiable para conseguilo”.

 

Luis López subliñou que “Carlos é un gran candidato, cunha gran capacidade de traballo e moita ilusión”, e puxo como exemplo o traballo que leva facendo nestes dez meses, desde que asumiu a presidencia da xestora do Rosal. “Unha labor importante, a pé de rúa, escoitando e atendendo aos veciños. É o mellor candidato, pero con el tamén ten o equipo máis preparado e o mellor proxecto para que este concello volva a pensar en grande”. Recorda que “é fundamental escoitar á xente en cada aldea, porque así vai saír un proxecto real para O Rosal, co que os veciños se van sentir plenamente representados”.

 

Carlos Rodríguez ten 29 anos e é veciño do Rosal. É xogador e adestrador de balonmán, e está rematando estudos en Dereito. Presidente da xestora do PP do Rosal desde xaneiro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí