Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Carmela Silva aposta por Gerardo como o vindeiro alcalde de Oia e comprometese a visitar Oia o 29 de maio para celebrar a alcaldía socialista

Gerardo Rodríguez insistiu en que é necesario facer avanzar a Oia, e eses cambios tan necesarios, só poden vir da man dun goberno Socialista á fronte do consistorio de Oia a partires do 28 de maio.

Gerardo Rodríguez insistiu en que é necesario facer avanzar a Oia, e eses cambios tan necesarios, só poden vir da man dun goberno Socialista á fronte do consistorio de Oia a partires do 28 de maio.

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Mayo de 2023

Fuente: PSOE Oia

Os Socialistas de Oia levaron a cabo nesta pasada fin de semana tres actos aos que se titulou -Xuntanzas cos Veciños-, un formato alonxado dos tradicionais mitins de campaña, dun xeito máis próximo á cidadanía e en formato charla-coloquio.

Deste xeito realizáronse xuntanzas cos veciños e veciñas de Torroña, Burgueira e Loureza, contando cunha gran aceptación e participación dos veciños e veciñas, escoitando as súas inquedanzas e procurando solucións aos problemas do día a día dos veciños.

Nestes actos contouse coas intervencións de Gerardo Rodríguez Refojos, Candidato á Alcaldía de Oia, e os membros da candidatura: Belén Pulido, Blas Fernández e Marisa Giráldez.

Os Socialistas de Oia pediron o apoio dos veciños ante a inacción do actual goberno do PP de Cristina Correa, que na última lexislatura non foi quen de dar solución aos diferentes problemas que afectan aos veciños.

Belén Pulido, aposta pola candidatura socialista como candidatura gañadora, garantindo unha mellora vial con beirarrúas para os veciños de Loureza, Torroña e Burgueira, así como a necesidade dun Centro de Día no municipio para atender aos nosos maiores.

Marisa Giráldez fala da ilusión e compromiso da candidatura socialista, o que precisa Oia para ter progreso e futuro, dende a humildade e o esforzo.

Blas Fernández pediu o apoio dos veciños de Oia este domingo para ter unha oportunidade real de mudar as cousas, de achegar o concello á cidadanía e poder gobernar, por e para todos e todas as veciñas de Oia.

Gerardo Rodríguez Refojos, Candidato á Alcaldía de Oia, falou da falta de compromiso do actual goberno do PP, insistindo en que é necesario facer avanzar a Oia, e eses cambios tan necesarios, só poden vir da man dun goberno Socialista á fronte do consistorio de Oia a partires do 28 de maio.

 

Visita de Carmela Silva a Oia

Na súa visita a Oia na xornada do domingo 21 de maio, Carmela Silva puxo de manifesto que a candidatura socialista é a candidatura gañadora, unha candidatura que conxuga compromiso, ilusión e que conta cun candidato amable, preparado e que traballará polos intereses de todos e todas as veciñas de Oia.

Carmela Silva engadiu que o 29 de maio ten o seu compromiso de visitar Oia para celebrar cos Socialista de Oia e con Gerardo a chegada á alcaldía do municipio dun goberno do PSdeG-PSOE.

Ver vídeo: https://youtu.be/84N4cSXVoKk

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí