Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Carmela Silva subliña que coa Festa Castrexa de A Guarda coñecerase a cultura da época e o monte

A Presidenta da Deputación presentou o fito conmemorativo dos cen anos de creación do Museo Arqueolóxico do Trega

Manuel Castro salientou que nesta edición decidiron ampliar a dous días a duración da festa polo éxito acadado aumentando tamén as actividades.

Fecha: 09 de Junio de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, a concelleira de Turismo, Elena Baz, e o presidente da Asociación de Veciños de A Guarda, Manuel Castro, presentaron hoxe en Pontevedra a segunda Festa Castrexa na que estiveron presentes os representantes das comunidades de montes, que celebrarase os días 24 e 25 de xuño, da que Silva destacou que vai servir para coñecer a cultura da época e o patrimonio dos montes do concello pontevedrés.

Manuel Castro salientou que nesta edición decidiron ampliar a dous días a duración da festa polo éxito acadado aumentando tamén as actividades. Castro destacou que a festa segue a ser unha iniciativa das tres comunidades de montes de Salcidos, A Guarda e Camposancos.

Pola súa parte, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, manifestou que o concello ven colaborando coa organización desta festa e subliñou que "pode animar a moita xente a visitar A Guarda e coñecer todo o noso patrimonio cultural e medio ambiental".

A Presidenta da Deputación felicitou as tres comunidades de montes e ao concello pola posta en marcha desta festa que pon en valor unha das "cuestións que nos fai únicos e que está a ter unha gran atracción de turismo como é a cultura castrexa".

Entre as actividades que a festa vai ter, ademais das tradicionais de música, gastronomía ou xogos, a Presidenta destacou as rutas que vanse celebrar entre o sábado e o domingo. A primeira delas, que será o sábado 24, polos camiños forestais e carreiros do Monte Trega, onde se irá explicando a localización dos xacementos e os aspectos menos coñecidos deles: como vivían os castrexos e castrexas, as agrupacións de construcións e a función de cada unha, ensinar e explicar o movemento dos asentamentos ao longo dos anos. Entre estes xacementos a visitar está o denominado "sector Mergelina", descuberto nos anos 30, cuxa escavación se fixo no marco do protocolo asinado entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento para a posta en valor dos xacementos da provincia de Pontevedra. A segunda ruta será cabalar o domingo 25 para coñecer os montes e o seu patrimonio natural.


Por outra parte, Carmela Silva anunciou a firma dun convenio co concello de A Guarda, asinado esta mesma mañá con Antonio Lomba, para a elaboración pola Escola de Cantería dun fito conmemorativo dedicado á Sociedade pro Monte Santa Tegra fundada en 1912, a institución que impulsou a creación do museo arqueolóxico MASAT, ubicado no cume do Monte Santa Trega.

Este fito é un menhir realizado polo alumnado da Escola de Cantería de 2.000 kg, feito en granito silvestre galego de 0,80 metros de ancho e 1,95 m de alto. A peza leva releves relacionados cos achados que apareceron nas escavacións de Trega e será inaugurado este sábado ás 20:00h na Casa dos Alonso de A Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones