Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Carmela Silva: todo vai cambiar e estamos a anticiparnos para definir un novo modelo turístico cunha marca que dea seguridade

provincia temos todo o que a xente vai demandar cando a situación se supere e estou convencida de que o sector vai saír reforzado no medio prazo

provincia temos todo o que a xente vai demandar cando a situación se supere e estou convencida de que o sector vai saír reforzado no medio prazo

Fecha: 09 de Abril de 2020

Fuente: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou hoxe que a administración provincial e o sector privado seguen a traballar na aposta polo turismo a medio e longo prazo para "saír reforzados unha vez que se poida superar a pandemia polo COVID-19". Na xornada en que comezaban as vacacións de Semana Santa, paralizadas polo coronavirus, Silva quixo lanzar unha mensaxe especialmente ás e aos visitantes de proximidade de Galicia e España, e tamén de Portugal, para que viaxen "mañá" ás Rías Baixas e "para dicirlles que aquí na provincia de Pontevedra estamos traballando, tanto as administracións publicas como o sector, para manter a excelencia e a calidade e para reforzar a nosa marca de destino. Porque nesta provincia temos todo o que a xente vai demandar cando se supere esta situación".

A presidenta da institución provincial subliñou que, unha vez levantado o confinamento, as persoas "van precisar e van desexar turismo de saúde, turismo de natureza e de reencontrarse cun mesmo". "Esa era a campaña que nós tiñamos establecida para este ano con ‘Sigue o teu instinto' e temos agora nas redes sociais con ‘Viaxa mañá -explicou-. Nós podemos ofertar iso que a xente vai desexar mañá. Polo tanto, primeiro temos que facer unha análise rigorosa de que vai a acontecer e poñer medidas para responder a curto, pero tamén ao medio prazo e ao longo prazo".

Neste senso, manifestou que "todo vai cambiar despois deste COVID-19, desta pandemia global" e que a administración e o sector "temos que anticiparnos para ir deseñando unha marca que dea seguridade". "Que a xente -avanzou- que vén a provincia saiba que vai haber seguridade, vai haber medidas de protección e que imos darlle todo iso que precisa. Estamos desexando poder camiñar por rutas, poder ir en bicicleta por paisaxes marabillosas. E estamos desexando desfrutar dun turismo de calidade cunha hostalería que ten un altísimo nivel na nosa provincia. Iso é o que vai demandar á xente e nós, o temos".

Silva reiterou a súa petición ao conselleiro de Turismo da Xunta, Román Rodríguez, para que convoque a todos os destinos galegos a un encontro para definir o futuro próximo e subliñou que amais das axudas que vai precisar o sector tanto da administración autonómica como estatal, que chegarán, "hai que deseñar cal é o modelo que imos implementar para que nos convertamos aínda máis nun destino de referencia, baseado na excelencia e na calidade".

"Este é un momento difícil -apuntou-, imos pasar momentos complicados pero estou segura que o noso sector turístico vai saír reforzado no medio prazo. E por iso é polo que temos que traballar e polo que está a traballar a Deputación de Pontevedra en torno a un sector tan importante, que en Galicia supón o 12% do PIB". Ao mesmo tempo, destacou o comportamento do sector privado nun momento extremo. "Agora mesmo estamos facendo a formación para acadar o distintivo do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED) on line e hai cerca de 130 empresas que están participando". "É dicir, o sector turístico na provincia de Pontevedra segue a traballar para que cando salgamos de aquí poidamos saír reforzados, cun discurso claro e traballando xuntas e xuntos".

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones