Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Carta aberta de Anxo Baz sobre a Praza de Abastos da Guarda

As reformas da Praza de Abastos ou a improvisación como criterio

As reformas da Praza de Abastos ou a improvisación como criterio

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Mayo de 2021

Fuente: BNG A Guarda

As reformas da praza de abastos ou a improvisación como criterio

Anxo Baz Vicente

Portavoz municipal do BNG na Guarda

A  Praza de Abastos da Guarda ten ao noso entender grandes potencialidades.  Ofrece   alimentos   de grandísima calidade cun  nível de especialización moi alto  en produtos   do mar e contamos  tamén cunha  contrastada  experiencia profesional. Reúne pois, as características idóneas para  converterse na Praza de referencia de toda a contorna, se abordamos a súa reforma dun xeito integral e cun proxecto ben definido.

É sabido que unha  praza destas características provoca sinerxias moi positivas  para a  dinamización  do comercio da súa area de influencia  como ocorre en todas as localidades que desenvolven  reformas deste calado.

Por estes motivos, no mes de maio do 2020 o BNG  levou   ao pleno do Concello da Guarda  a proposta de  elaboración dun proxecto de reforma integral da Praza que nos permitira optar ao  recoñecemento de mercado de excelencia  por parte da Xunta de Galiza e así poder  contar coas  axudas que para tal fin dispón esta institución .  A nosa proposta foi aprobada.

Lamentablemente, meses despois o grupo de goberno do PSOE, facendo caso omiso  do acordo plenario, anunciou a reforma do pavimento da parte superior, un acceso a terraza e a mellora dun posto por un importe total de 40.000 €. Nese momento o BNG  cualificou este anuncio como un novo remendo máis que desvirtuaba radicalmente o acordo plenario comprometendo un proxecto  de futuro para a Praza.

A pasada semana o grupo de goberno socialista, anunciou novamente nos medios de comunicacación esta obra. Aproveitaron este anuncio para  informar  das inversións nas sucesivas reformas levadas adiante desde o ano 2013 que ascenden a nada despreciabel cantidade de 332.000€. Coa última obra aínda sen comezar anuncian tamén outra nova  reforma “estética” nos próximos dous anos por valor de 100.000€.

Sen dúbida con estas inversións racionalizadas, cun proxecto ben definido, que simplemente non existe, a Praza podería dar un salto cualitativo. Cunha cuantía non moi superior Tomiño logrou un mercado de excelencia  e o Rosal cunha inversión bastante menor   vai camiño del.

Son actuacións propias dun  goberno errático,  sen proxecto, un goberno acabado que está dando as últimas rabexadas, gastando    cartos sen criterio porque simplemente non sabe o que quere facer coa Guarda.

Non é nada novo, lembremos a idea  de doble  carril de circulación que tiñan para Concepción Arenal, que por suposto non contemplaba a Praza de Avelino Vicente -unha Praza xa referencial  para os guardeses e guardesas a pesar da falta dunha ordenación adecuado do tráfico na súa contorna- e os permanentes desencontros coa área de mobilidade da Deputación de Pontevedra por seren incapaces de entender   un deseño   adaptado a unha rúa comercial  e de preferencia peonil real.

Conversando  cos veciños e veciñas desto e doutras moitas cousas  tiro a seguinte conclusión, unha parte moi importante da sociedade guardesa camiña  moi por diante de quen neste momento nos goberna. Estou convencido que vai ser  o dinamismo desta sociedade quen en moi pouco tempo dará os pasos precisos para poñer en marcha  outros xeitos de facer política porque simplemente A Guarda, non pode quedar atrás.

 

 

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones