Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CARTEL MUSICAL DENTRO DA PROGRAMACIÓN DA XXV EDICIÓN DA FESTA DA LANGOSTA E A COCIÑA MARIÑEIRA DA GUARDA

A Festa da Langosta e a Cociña Mariñeira que se celebra este fin de semana no Concello da Guarda é moito máis que gastronomía.

A Festa da Langosta e a Cociña Mariñeira que se celebra este fin de semana no Concello da Guarda é moito máis que gastronomía.

Fecha: 04 de Julio de 2015

Fuente: www.aguarda.es

A Festa da Langosta e a Cociña Mariñeira que se celebra este fin de semana no Concello da Guarda é moito máis que gastronomía.

Ademais de ofrecer diversas receitas e unha calidade estupenda de produtos do mar, están programadas un sinfín de actividades para que, tanto os veciños e veciñas da Guarda, como os múltiples visitantes que en estas datas chegan a localidade, gocen dun estupendo fin de semana.

Nesta XXV edición da festa, a música terá un gran protagonismo, xa que estará presente tanto o venres, como o sábado e o domingo.

Antes da lectura do pregón por parte do cociñeiro Yayo Daporta na Praza do Reló, o venres ás 21 horas, no mesmo espazo, a agrupación musical da Guarda ofrecerá unha actuación no seu X aniversario.
Pola noite, xa no recinto do Porto, ás 23,30 horas, comezará a verbena da man da orquestra "América" chegada dende Vigo, que alongará a noite ata ben entrada a madrugada.

O sábado, o día comezará co grupo tradicional "O Trebón dos Xidos" recorrendo as rúas da Guarda. Xa ás 11, coincidindo coa apertura da carpa no Porto, empezará a actuación do guardés Daniel Vilanova. Este xove acordeonista ofrecerá un concerto no que os presentes se sorprenderán pola mestría nas súas mans.

Ás 22 horas, e tras sucederse a Travesía a Nado ou obradoiros de cociña, "The Winning Numbers" porán de novo a banda sonora á festa. Este conxunto, formado por músicos da Guarda e do Rosal, ofrecerán un directo de rock&roll dos anos 60. Tras eles, ás 23 horas, será a quenda de "Lou Reyes", quen trasladará o público ós anos 50 coas súas versións.

O domingo, de novo "O Trebón dos Xidos" acompañará o comezo da festa coincidindo incluso, a súa actuación, coa apertura da carpa no Porto. Ás 12 horas Daniel Vilanova voltará o escenario co seu acordeón e xa pola tarde, as 19,30 horas, será o momento no que se escoitarán os fados grazas ós artistas chegados dende Portugal. Claudia Madeira e Rui Teixeira, porán a guinda final a un gran pastel que durante toda a fin de semana unirá gastronomía, música, xogos e deporte.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones