Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Case 300 familias empregaron o Servizo de Atención Temperá do Baixo Miño nos últimos tres anos

Logopedia foi o servizo máis demandado, con case 42% das consultas. A unidade presta ademais asistencia en psicoloxía e fisioterapia a nenos e nenas de 0 a 6 anos

Logopedia foi o servizo máis demandado, con case 42% das consultas. A unidade presta ademais asistencia en psicoloxía e fisioterapia a nenos e nenas de 0 a 6 anos

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Diciembre de 2023

Fuente: Concello de Tomiño

O Servizo de Atención Temperá (SAT) da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño continúa crecendo de forma paulatina dende a súa posta en marcha. Tras a ampliación do servizo despois do primeiro ano de funcionamento, a unidade atendeu xa a 278 familias da comarca dende finais de 2020, familias con fillos e fillas con dificultades de desenvolvemento que poden ser tratadas sen ter que desprazarse de forma continua ata Vigo.

“É fundamental garantir que as familias teñan acceso a estes servizos esenciais preto dos seus fogares, só así poderemos facilitar o desenvolvemento integral de nenos e nenas dende ben pequenos e pequenas”, recalca a alcaldesa, Sandra González. A rexedora salienta que “a atención temperá desempeña un papel crucial na detección de posibles dificultades ou necesidades no desenvolvemento da cativada, permitindo intervencións temperás e personalizadas que maximicen o seu potencial. Por iso seguiremos traballando para asegurarnos que ningún neno ou nena se vexa privado de recibir a atención e o apoio necesarios nas etapas cruciais do seu desenvolvemento”.

Na actualidade, 139 familias de Tomiño, Tui, A Guarda e O Rosal empregan este servizo, 92 delas xa en proceso de intervención, mentres que outras 45 familias están en lista de agarda e outras dúas en fase de valoración. A coordinadora da unidade, Andrea Álvarez, destaca a alta demanda que ten o servizo na comarca, que xa deu de alta a 139 familias dende o seu arranque.

Aínda que cunha demanda de servizos bastante equilibrada, o de logopedia é o máis solicitado, xa que representa máis do 42% das intervencións. Ségueo de cerca o de psicoloxía, co 34,4%, e o de fisioterapia, co 23,5%. Por concellos, a maior parte das familias proceden de Tomiño (44%), seguidas das residentes en Tui (35%), A Guarda (11,5%) e O Rosal (9,5%).

O SAT Baixo Miño comezou a funcionar nos últimos meses do 2020 e conta cun equipo formado por dúas psicólogas, unha fisioterapeuta e dúas logopedas que atenden na súa sede no edificio de Benestar Social do Concello de Tomiño. O servizo está destinado especialmente a familias con fillos e fillas de entre 0 e 6 anos que precisen o establecemento dunhas pautas e estratexias que promovan a súa normalización a través de intervencións planificadas por un equipo multidisciplinar.

Os nenos e nenas que chegan á unidade derivados dende pediatría fáiselles unha valoración xeral ou específica nas áreas que o precisan, elaborando despois un Proxecto de Atención Especializada que se coordina co Servizo de Atención Primaria, cos centros educativos e coas propias familias. Algún dos obxectivos cos que traballa esta unidade son potenciar a autonomía e desenvolvemento psicomotriz, tratar dificultades de linguaxe ou problemas de comunicación por trastornos como o TEA, a falta de audición... a través dunha terapia lúdica, activa e motivadora.

O SAT Baixo Miño está cofinanciado a través de axudas do Fondo Social Europeo e da Xunta de Galicia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí