Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Catro medallas para o Club Deportivo Miño no Campionato Galego de Promoción de Slálom

Na clasificación por equipos o Club Deportivo Miño rematou en cuarto posto.

Campionato Galego de Promoción de Slálom

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Septiembre de 2021

Fuente: Rosa Carrera

Este domingo celebrouse en Mondariz o Campionato Galego de Promoción de Slálom. Os máis pequenos do slálom galego déronse cita nas augas do río Tea, na máis importante das competición da Liga Galega de Promoción.

O Club Deportivo Miño acudiu con once piragüistas que desfrutaron e deron o mellor de si mesmos no evento.

Javier Lluch, na categoría alevín, participou en cáiac e canoa. En C1 ou canoa, impúxose aos seus competidores cunha baixada rápida e sen penalizacións, en K1 ou caiác tamén demostrou as súas habilidades, rematando en segundo lugar. Dobre medalla, ouro e prata, polo tanto, para Javi.

As outras dúas medallas foron para as irmás Leila e Nerea Álvarez en K1 benxamín. Nerea cunha baixada rápida e sen toques acadou a medalla de prata, Leila, tamén fixo bo tempo, pero os toques fixeron que rematara terceira. Na mesma categoría, Rita Olveiros, foi cuarta.

Itzel del Río acabou en  quinto lugar en K1 prebenxamín feminino. Na mesma categoría, pero masculino, Tiago Rei foi cuarto e Roque Olveira noveno.

En K1 benxamín masculino, Lois Montenegro rematou sexto, Alejandro Barreiro oitavo e Leo Cortiñas noveno.

Pedro Lomba, en K1 infantil , foi sexto.

Na clasificación por equipos o Club Deportivo Miño rematou en cuarto posto.

Bo balance para os Teixugos que viñeron para a casa con catro medallas, un ouro, dúas pratas e un bronce, nunha competición que pretende promocionar o piragüismo de slálom entre os nenos e nenas galegos, e, na que o máis importante, é que os máis pequenos gocen do deporte e da actividade ao aire libre.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí