Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Catro podios para Os Teixugos na primeira Copa de España de Slálom

Bo balance nesta Primeira Copa de España para os Teixugos con catro medallas, tres bronces e un ouro.

Bo balance nesta Primeira Copa de España para os Teixugos con catro medallas, tres bronces e un ouro.

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Febrero de 2023

Fuente: Os Teixugos

Primeira cita importante da tempada oficial de slálom esta fin de semana  nas augas do río Coura. Na localidade lusa de Covas, Vila Nova de Cerveira, celebrouse ao longo de dous días a Primeira Copa de España de Slálom. Pensada inicialmente para celebrarse en Mondariz, o baixo caudal do Tea, obrigou a este cambio de localización. Os mellores deportistas do slálom español déronse cita nesta primeira copa, que como figura na normativa da Federación, consta de dúas competicións diferenciadas, unha o sábado e outra o domingo.

Máis de douscentos piragüistas acudiron ao evento. Todos participaron nas semifinais, e os dez mellores de cada categoría pasaron á final. O Club Deportivo Miño levou a oito deportistas que tiveron unha máis que destacada participación.

Luís Fernández, en C1 sénior, tivo unha actuación brillante. Acadou as finais nos dous días, rematando o sábado terceiro e o domingo primeiro, bronce e ouro para o canoísta de Salceda. Na mesma categoría Brais Castro so participou o domingo, fixo final e rematou en décimo lugar.

Manuel Ochoa, en K1 sénior, tamén superou as semifinais os dous días. O sábado acadou a medalla de bronce ao rematar terceiro e o domingo quedou cuarto.

Emilio Rodríguez, en k1 veterano, rematou quinto no primeiro día, e subiu ao podio na segundo, acadando a medalla de bronce.

Adrián Lluch, en k1 júnior, fixo dúas baixadas correctas, pero quedou lonxe das finais nos dous días.

Alba Soutelo estreouse na categoría absoluta ou sénior de canoa. O sábado tivo unha actuación impresionante o conseguiu entrar nas finais, rematando décima; o domingo acadou o décimo terceiro lugar

En k1 sénior participaron Laura Alonso e Ainhoa Barreiro. Ningunha chegou a finais, rematando Laura décimo oitava sábado e décimo sexta domingo. Ainhoa foi décimo novena ámbolos dous días.

Na clasificación final por equipos, o Club Deportivo Miño-Teixugos, rematou noveno o sábado e oitavo o domingo.

Bo balance nesta Primeira Copa de España para os Teixugos con catro medallas, tres bronces e un ouro.

Rematar salientando a necesidade dunha canle de augas bravas en Galicia para organizar este tipo de eventos sen contratempos, pois ao longo das dúas xornadas houbo varias baixadas de caudal que prexudicaron a algúns participantes, pois ao ser tan longas é complicado manter un fluxo continuado de auga, dependendo sempre da administración das presas ou da chuvia caída.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí