Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Centenares de persoas saen a rúa en Tomiño para exixir unha Atención Primaria de calidade

Reclaman que se volva abrir o consultorio de Goián e a cobertura das baixas, xubilacións e vacacións para responder -a situación crítica que pon en risco a saúde de todos e todas-

Reclaman que se volva abrir o consultorio de Goián e a cobertura das baixas, xubilacións e vacacións para responder -a situación crítica que pon en risco a saúde de todos e todas-

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Enero de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Centenares de persoas saíron saíron o mércores a rúa en Tomiño para denunciar a grave situación da atención primaria no concello e en toda a comarca. A alcaldesa, Sandra González, reclamou “solucións urxentes para unha situación crítica que pon en risco a saúde de todos e de todas”. A atención primaria en Tomiño e no Baixo Miño padece unha carencia de persoal sanitario que case limita a atención ás urxencias, relegando as consultas ordinarias, con esperas moi prolongadas, e provocando o exceso da atención telefónica que  tamén xera que a centralita dos centros de saúde chegue a saturarse.

 

A concelleira de Benestar Social, Cristina Martínez, afirma que a situación crítica xa existía antes da pandemia e que a COVID amplificouna. “Na manifestación reclamamos que se volva abrir o consultorio de Goián e a cobertura das baixas, xubilacións e vacacións”, afirma a edil, ao tempo que lembra que “a resposta non é restrinxir servizos, senón buscar solucións a curto e medio prazo”.

 

A manifestación de Tomiño foi a segunda dunha rolda de concentracións que organiza a Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño para denunciar o deterioro que está a sufrir a atención primaria nos centros de saúde da comarca. A primeira foi no Rosal e as seguintes son o 9 de febreiro en Tui (ás 19.00 horas na Praza da Inmaculada) e o 23 de febreiro na Guarda (ás 19 h na Praza Avelino Vicente). Con estas concentracións búscase poñer de relevo “unha situación transversal que afecta a toda a veciñanza, que compromete e pon en risco a nosa saúde actual e futura, e que con unidade temos máis forza para reivindicar”.

 

A médica do Centro de Saúde de Tui, Laura Silva, natural de Tomiño, resumiu a situación con cifras. “Non hai mais que ver o caso do noso concello. Por ratio de poboación nos corresponderían 10 equipos de atención primaria, é dicir, 10 médicas e 10 enfermeiras. Na actualidade temos unha dotación de 8 médicos e 7 enfermeiras e a día de hoxe só 5 médicas prestan consulta. En resumo: 5 facendo o traballo de 10. Pero esta situación está igual ou peor en todos os concellos da comarca e a resposta do Sergas ante esta precaria situación limitouse a mobilizar o escaso persoal de Tomiño ao centro de saúde do Rosal”.

 

O Concello de Tomiño tamén quere mostrar o seu apoio aos profesionais da saúde e garantir que continuarán loitando para que poidan desenvolver o seu traballo en condicións dignas, asegurando ao mesmo tempo a calidade de atención á veciñanza. Por todo isto, “queremos que os veciños e veciñas da Mancomunidade saían a rúa para demostrarlle a Xunta que xa estamos fartos e fartas de poñer en risco a nosa saúde”.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí