Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Centralización dos pacientes de Oia con sospeita de Covid-19 no Centro de Saúde de A Guarda

Os usuarios deben chamar por teléfono ao seu Centro de Saúde (986 36 23 44) e Punto de Atención Continuada (986 61 44 50) antes de achegarse ao mesmo

No caso de pacientes con sospeita COVID-19 de Oia, xunto co O Rosal e A Guarda, se centraliza a atención no CENTRO DE SAÚDE DE A GUARDA.

Fecha: 24 de Marzo de 2020

Fuente: Concello de Oia


Dende o luns día 23 de marzo, centralizase en determinados centros de saúde a atención aos pacientes con sospeita de padecer infección respiratoria por Coronavirus, coa fin de ofertar unha atención máis eficaz e resolutiva á cidadanía, ao tempo que se intenta protexer e preservar a saúde dos equipos de profesionais fronte ao coronavirus

Nesta fase de contención da epidemia, continuarase coa atención dos pacientes na modalidade de cita telefónica, e a asistencia urxente que se poida xerar nos centros e saúde e Puntos de Atención Continuada (no caso de Oia no PAC, Centro de Saúde, de A Guarda).

No caso de pacientes con sospeita COVID-19 de Oia, xunto co O Rosal e A Guarda, se centraliza a atención no CENTRO DE SAÚDE DE A GUARDA.

O Centro de Saúde de A Guarda conta cun espazo de atención diferenciado para os pacientes con patoloxía respiratoria e cun encargado dos Equipos de Protección Individual (EPI's) que coordinará a dispoñibilidade permanente destes equipos -necesarios para a atención deste tipo de pacientes-, que se utilizarán conforme ao protocolo do Servizo de Medicina Preventiva da Área.


A cidadanía debe chamar por teléfono

Co obxecto de evitar as concentración nas salas de espera e os contactos entre usuarios nos centros sanitarios, a autoridade sanitaria da Área de Vigo ten promovido a modalidade de atención non presencial, que é a consulta telefónica.

Así, os usuarios deben chamar por teléfono ao seu Centro de Saúde (986 36 23 44) e Punto de Atención Continuada (986 61 44 50) antes de achegarse ao mesmo. Serán os profesionais os que, se o consideran necesario, indicarán a realización da proba diagnóstica do coronavirus.

Se agradece a colaboración da cidadanía no cumprimento destas, e doutras medidas que se vaian adoptando.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones