Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Cerca de 900 mozos e mozas elixen a organización de xogos e actividades musicais transfronteirizas para o 2023

Grande éxito de participación, superando o 70% nos centros escolares. Tomiño e Cerveira desenvolverán os proxectos elixidos no primeiro semestre de 2023

Grande éxito de participación, superando o 70% nos centros escolares. Tomiño e Cerveira desenvolverán os proxectos elixidos no primeiro semestre de 2023

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Diciembre de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño e Cerveira contan xa con novos proxectos de actividades compartidas para o vindeiro ano. A mocidade dos dous municipios escolleu por maioría dous proxectos relacionados cos xogos tradicionais e con actividades musicais como gañadores dunha nova edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo 2023, ‘Música Nova’ e ‘Xogos Eurocidade’, unhas iniciativas que ambos os dous municipios desenvolverán durante o primeiro semestre do vindeiro ano e que contarán cun financiamento total conxunto de 20.000 euros.

Un grande éxito de participación, xa que 880 mozos e mozas de Cerveira e Tomiño achegaron a súa preferencia neste proceso participativo da Axenda para a Mocidade da Eurocidade, que integra o proxecto Amizade cofinanciado ao 75% polo programa Interreg VA POCTEP de cooperación transfronteiriza a través de fondos FEDER da Unión Europea. Os resultados desvelan un grande interese por parte da mocidade polos xogos tradicionais, con case o 57% dos votos (501), seguido da proposta musical, que acaparou o 22% das papeletas e votos dixitais (194). O proxecto ‘Youth4Clima’ acadou 107 votos e ‘Eurocidade polo clima’ outros 77, ademais de contabilizarse un voto como nulo. Ademais de exercer o seu dereito a voto a través da web do OPT2023, os rapaces e rapazas puideron deixar a súa elección de forma presencial na Escola Básica e Secundaria e na ETAP de Cerveira e no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño.

Mediante o proxecto ‘Xogos Eurocidade’ promoverase a implicación da mocidade en actividades deportivas e de lecer, fomentando a amizade, a unión e a solidariedade entre mozos e mozas de ambos os dous municipios a través de actividades baseadas en xogos tradicionais e en probas típicas dos Xogos sen Fronteiras da Unión Europea adaptadas a recursos e deportes máis actuais como o paintball, slide, orientación, inchables... Esa adaptación tamén se fará contando coa colaboración de rapaces e rapazas das dúas beiras do Miño.

Pola súa banda, coa iniciativa ‘Música Nova’ buscarase o compromiso da mocidade da Eurocidade Cerveira-Tomio en actividades musicais conxuntas, procurando a divulgación da tradición e a aprendizaxe de novos estilos musicais, a educación en valores e habilidades sociais a través da música e promocionando o espazo público para a divulgación e o intercambio cultural e xeracional. Será a través de workshops formativos, de ensaios de grupos de música improvisados e de miniconcertos e actuacións de rúa.

Dende a Eurocidade quérese destacar a gran participación nos centros escolares de Tomiño e Cerveira, que superou o 70%, e agradecer a colaboración de todo o profesorado na organización e desenvolvemento do proceso de votación deste proceso participativo da Axenda para a Mocidade que se desenvolveu ao longo de 2022 co obxectivo de implicar á mocidade na achega de ideas e proxectos que contribuán ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable de Nacións Unidas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí