Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Cerveira e Tomiño acollen o primeiro Festival Infantil Transfronteirizo con 12 horas de animación ininterrompidas

A festa será o vindeiro sábado, 31 de agosto, en ambas as vilas, dentro das actividades da Eurocidade

A festa será o vindeiro sábado, 31 de agosto, en ambas as vilas, dentro das actividades da Eurocidade

Fecha: 31 de Agosto de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

A Eurocidade Cerveira-Tomiño propón un día moi especial para compartir en familia. O vindeiro sábado, 31 de agosto, as xentes de Vila Nova de Cerveira e Tomiño, terán para escoller entre decenas de xogos e actividades no primeiro Festival Infantil Transfronteirizo "Aventura na Terra da Amizade", celebrado nun espazo natural coma o Parque de Lecer do Castelinho; un festival cun forte compromiso coa pegada ecolóxica a través de accións de conscienciación ambiental e entrada totalmente libre en todas as actividades.

Antes do inicio dun novo ano lectivo, Vila Nova de Cerveira e Tomiño propoñen unha despedida distinta ás vacacións de verán, con todo aquelo que os máis pequenos lles gusta e merecen.

O festival infantil, que contará con inchables para todas as idades, trampolíns, ludoteca para bebés, pinturas faciais, xogos tradicionais, danza, zumba, maxia, etc., abrirá as súas portas no Parque do Casteliño entre as 10.00 e as 19.00 horas (hora portuguesa), rematando en terras tomiñesas cun concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona, na Praza do Seixo, a partir das 21.00h (hora galega).

E porque os eventos que envolven nenos tamén deben promover unha compoñente didáctica, os pequenos festivaleiros e súas familias van ser convidados para dar a súa contribución á pegada ecolóxica. Neste senso, será un festival ambientalmente responsable, por un lado erradicando a utilización desmedida de plástico e, por outro, incentivando o mantemento dos espazos públicos limpos, coa presenza de varios ecopuntos humanos e estáticos, alén da dinamización da actividade "Recicla coa Lontra".

Ao longo de todo o día están previstas, asemade, accións onde se aprenderá a importancia dos 3 R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

Unidos polo río Miño, Vila Nova de Cerveira e Tomiño, tentarán potenciar a convivencia entre a veciñanza de un e outro lado da fronteira.

Programa: (hora portuguesa)
10h00 Abertura con participación da ADEIXA
11h00 Zumba Kids
12h00 Pé Pintor
14h30 Concerto Uxía Lambona
15h30 Momento de Maxia
17h00 Pé Pintor
17h30 Feiticeiro de Oz
18h40 Baby Shark e Danza cos Heroes

Concerto (hora galega)
21h00: concerto completo de Uxía Lambona e a Banda Molona, na Praza do Seixo, a partir das 21.00h (hora galega).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones