Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Chega a Tui a exposición -Río Miño: memorias transfronteirizas-

Do 21 de xullo a 7 de agosto no espazo Anexo da Sala Municipal de Exposicións

Do 21 de xullo a 7 de agosto no espazo Anexo da Sala Municipal de Exposicións

Fecha: 22 de Julio de 2020

Fuente: Concello de Tui

Dende hoxe e até o 7 de agosto pode visitarse no anexo á Sala de Exposicións na Área Panorámica a mostra "Río Miño: memorias transfronteirizas". A exposición está producida pola AECT Rio Minho e a CIM Alto Minho ao abeiro do programa SmartMinho financiado polo fondo europeo Interreg. Estará en Tui ata o vindeiro sete de agosto.

Na exposición "Río Miño - memorias transfronteirizas" os visitantes poden contemplar primeiro as marxes do río: con quioscos interactivos, filmes e paneis interpretativos. Despois, mergullarse no seu interior para coñecer unha trampa de pesca da lamprea e as súas especies acuáticas máis icónicas.

En itinerancia por dez municipios transfronteirizos durante o ano de 2020, esta exposición reflicte o Miño, os seus valores ecolóxicos e patrimoniais, e as xentes que habitan na súas ribeiras: as súas técnicas, música, gastronomía, lingua e xogos.

Os 75,5 km finais do río Miño están plenos de memorias e lugares marabillosos. Antes de chegar ao mar, o río asume aquí a tarefa de dividir dous países mais une unha cultura. Unha cultura plena de Tesouros Vivos, persoas cun profundo coñecemento e prácticas locais, que esta exposición recolle.

Para a concelleira de Cultura do Concello de Tui, Sonsoles Vicente, esta mostra acada en Tui unha singular relevancia, por canto a nosa cidade, xunto con Valença, conforman un espazo transfronteirizo único, pois o río Miño achega aínda mais a dúas cidades unidas polo territorio, pola cultura, pola vida común dos seus cidadáns. Non existen outras dúas cidades na fronteira hispano portuguesa cunha continuidade física como a que posúen Tui e Valença. O proxecto da Eurocidade trata de afondar nesta relación e interdependencia enriquecedora, e símbolo das relacións entre Galicia e Portugal.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones