Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Chega este xoves ao Rosal o espectáculo do Circo Chosco: -Riscando o ceo-

A función comezará as 20.00 horas no torreiro de San Xián, xusto antes do concerto do ensemble dos saxos Emilio Rodríguez previsto para as 21.00

A función comezará as 20.00 horas no torreiro de San Xián, xusto antes do concerto do ensemble dos saxos Emilio Rodríguez previsto para as 21.00

Fecha: 13 de Agosto de 2020

Fuente: Concello do Rosal

Este xoves 13 de agosto a veciñanza do Rosal terá a oportunidade de desfrutar da actuación do Circo Chosco, un espectáculo circense pensado para todos os públicos pero que sen dúbida fará as delicias dos máis cativos e cativas. A actuación está encadrada dentro da programación cultural do Concello do Rosal para o verán e terá lugar ás 20.00 horas no torreiro de San Xián. A entrada será de balde ata completar o aforo e terá unha duración de 45 minutos.

Nesta ocasión o Circo Chosco interpretará a función ‘Riscando o ceo', un espectáculo que nos leva a un mundo cheo de humor, maxia, risco, malabares, acrobacias e equilibrios imposibles, cun ton absurdo e reflexivo que procura que nos cuestionemos o fondo das cousas. Inspirado pola mundialmente coñecida obra de Antoine de Saint-Exupery, Riscando o ceo é un espectáculo moi visual que mergulla ao espectador nunha viaxe que vai dende a risa ao perigo.

Ao remate da actuación do Circo Chosco, ás 21.00 horas, comezará no propio torreiro de San Xián o segundo dos concertos de ‘O Rosal Cámara Fest', protagonizado polo ensemble de saxos ‘Emilio Rodríguez'.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones