Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CIG: A respecto das declaracións do conselleiro de Sanidade sobre o centro de saúde da Guarda

As condicións dos contratos de continuidade ofertados pola Consellaría non son como as dos que se fan para traballar nun centro de saúde

As condicións dos contratos de continuidade ofertados pola Consellaría non son como as dos que se fan para traballar nun centro de saúde

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Junio de 2021

Fuente: CIG

A CIG-Saúde de Vigo, ante as declaracións do conselleiro de Sanidade sobre a situación do centro de
saúde da Guarda, manifesta:
1. As condicións dos contratos de continuidade ofertados pola Consellaría non son como as dos
que se fan para traballar nun centro de saúde, están asociados a unha zona de traballo, nun
ou máis concellos, e con gardas obrigatorias ligadas a este contrato. Este contrato foi
rexeitado polo colectivo das Especialistas en Medicina de Familia e Comunitaria desde a súa
creación, pois empeora as condicións de traballo e provoca falta de continuidade asistencial.
Co contrato que se oferta podes estar en varios centros e atendendo distintos cupos cada 15
días, non hai vínculo a un centro e cupo concreto. Ademais este tipo de contrato abre a
porta á creación de postos de traballo con esta modalidade de non estar vinculado a un
centro e cupo.
2. A contía económica que percibe un médico/a recén incorporado/a por realizar a súa xornada
ordinaria pódese consultar na Orde de Confección de nóminas: Orde do 8 de febreiro de
2021, publicada no DOG do 15 de febreiro de 2021, e está en torno aos 42.000€ brutos, con
14 pagas.
3. O feito de que o centro de saúde da Guarda sexa definido polo propio conselleiro Julio
Comesaña como “destino pouco valorado” ven dado polas condicións de traballo que se
arrastran desde hai anos na Atención Primaria, e que empeoraron durante a pandemia. Esta
precariedade nas condicións acentúase aínda máis en centros de ámbito máis rural.
4. No caso concreto da Guarda partiamos dunhas condicións nas que se viña reclamando a
falta de cobertura de persoal nos períodos de permisos e de vacacións e o segundo equipo
no PAC. A dispersión xeográfica, a longa distancia ao hospital de referencia que obriga a
ausentarse do centro en torno a 2 horas, tendo que retomar de novo a consulta á volta, e a
carga existente hai dous anos xustificaban e xustifican estas demandas.
5. Á situación inherente ao propio centro hai que sumarlle a falta de cobertura estrutural que
se ven arrastrando desde algo máis dun ano, onde existen cupos que levan sen unha
continuidade na atención durante este período. Esta situación, e a do propio centro,
condicionan a incorporación de novo persoal ao centro. Isto tamén fai que os propios
médicos/as do centro condicionen a súa permanencia a que se cubran as ausencias.
6. A falta de profesionais médicos fai que, podendo elixir, se decanten por ámbitos de menos
penosidade, ben en urxencias de hospital ou en outros ámbitos da atención primaria. Proba
disto é o éxodo este ano de MIR formados na Área de Vigo. Sería polo tanto necesario
incentivar o traballo nos ámbitos máis penosos.
7. Celebramos a contratación realizada para este centro, na que se prevé a incorporación de 3
facultativos nos vindeiros días, mais tamén sendo conscientes de que non supón o 100% dos
efectivos e que as presenzas vanse ver condicionadas polos permisos de vacacións.
8. No período de verán a poboación na Guarda vese aumentada de forma importante, este ano
aínda non coñecemos se van reforzar con enfermaría como se viña facendo os últimos anos
e seguiremos cun único equipo no PAC asumindo o aumento de demanda e quedando sen
asistencia a zona en caso de traslado ao centro hospitalario.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí