Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CIG:A dirección de IKF dá marcha atrás nalgunhas propostas pero sigue negándose a rebaixar a dobre escala salarial

O cadro de persoal da empresa da Guarda, que cumpre hoxe 26 xornadas de folga, continuará coas medidas de presión

O cadro de persoal da empresa da Guarda, que cumpre hoxe 26 xornadas de folga, continuará coas medidas de presión

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Septiembre de 2021

Fuente: CIG

A dirección de IKF, empresa dedicada á fabricación de materiais refractarios con sede nas Cachadas,
A Guarda, aceptou onte sentarse a negociar a renovación do pacto laboral e amosouse disposta a
dar marcha atrás nalgunhas das súas propostas, pero sigue negándose a rebaixar a duración da
dobre escala salarial. En consecuencia, o cadro de persoal, que cumpre hoxe 26 xornadas en folga,
continuará coas medidas de presión ante os intentos da compañía de recortar dereitos e precarizar
as condicións laborais.
Na CIG-Construción explican que os responsábeis da compañía convocaron onte o comité de
empresa para retomar os contactos. “Previamente a dirección recoñeceu nun escrito que tomou
nota da manifestación celebrada o pasado mércores na Guarda, polo que querían rectificar unha
serie de cousas”. En concreto, aceptaron dar marcha atrás na súa pretensión de obrigar os
empregados/as a traballar os sábados pola tarde e a gozar das vacacións fóra do período estival.
Mais IKF non se cede súa intención de prolongar no tempo a dobre escala salarial pactada co
anterior comité. “Aseguran que o futuro da empresa pasa por abaratar os custes laborais, por iso
tamén se negan a un incremento salarial por enriba do que marca o convenio estatal”.
Proposta do comité
Dende a central sindical denuncian que a dirección considere que unha persoa que entra na
compañía ten que estar oito anos desenvolvendo o seu labor para ser produtiva e poder cobrar o
mesmo que o resto de compañeiros/as. “Cando botan man a diario de persoal de ETT agora veñen
con que ten que pasar este tempo para que unha persoa equipare o seu rendemento co dos
traballadores/as levan máis na empresa”.
Consideran que a proposta do comité de empresa “é perfectamente asumíbel”, xa que contempla
manter a dobre escala salarial o primeiro ano, aumentar o soldo un 30% no segundo, un 70% no
terceiro e cobrar o mesmo que o resto de compañeiros/as a partir do cuarto. Neste senso, lembran
que a propia autoridade laboral recoñeceu que non existe en toda Galiza unha dobre escala salarial
tan agresiva como a que estaría disposta a asumir o cadro de persoal.
Diante disto, reclaman unha intervención decidida da Administración no conflito “porque os
traballadores/as séntense totalmente desprotexidos ante a ofensiva desta transnacional para
recortar os seus dereitos e precarizar as súas condicións laborais”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí